Saltar ao contido

Estevo Nemanjić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Estevo II Nemanjić»)
Infotaula de personaEstevo Nemanjić

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1166 Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Morte24 de setembro de 1228 Editar o valor en Wikidata (61/62 anos)
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMosteiro de Studenica (pt) Traducir 43°29′11″N 20°31′54″L / 43.4864, 20.5317 Editar o valor en Wikidata
Rei
1217 – 1228
Grand prince of Raška (en) Traducir
25 de marzo de 1196 – 1217 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGran Principado de Serbia Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa ortodoxa serbia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióngobernante , líder militar Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua serbia Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Familia
FamiliaCasa de Nemanjić Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAnna Dandolo (1217–)
Eudóxia Angelina (1186 (Gregoriano)–1198 (Gregoriano))
FillosSava II de Serbia
 () Eudóxia Angelina (pt) Traducir
Estevo Vladislav I
 () Eudóxia Angelina (pt) Traducir
Estevo Radoslav
 () Eudóxia Angelina (pt) Traducir
Komnena Nemanjić (en) Traducir
 () Eudóxia Angelina (pt) Traducir
Estevo Uroš I
 () Anna Dandolo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaisEstevo Nemanja Editar o valor en Wikidata  e Anastasia of Serbia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IrmánsSava de Serbia e Vukan Nemanjić of Serbia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
2017coroación (Church of Saint Apostles Peter and Paul (en) Traducir)
1221crisma (pt) Traducir (Church of Saint Apostles Peter and Paul (en) Traducir) Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Nemanja-5

Estevo Nemanjić (en serbio latino Stefan Nemanjić, en serbio cirílico Стефан I Немањић), coñecido tamén como Estevo I Nemanjić, Estevo II Nemanjić e Stefan Prvovenčani (Estevo o Primeiro Coroado) na historiografía en galego ou Stefan (I ou II) Nemanjić),[1][2] nado en 1165 e falecido en 1228, coñecido como o gobernante do Estado serbio de Raška que logrou promover este principado á condición de reino.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Estevo o Primeiro Coroado foi o segundo fillo do Gran Župan (Gran Príncipe) Estevo Nemanja, irmán máis novo de Vukan, que gobernaba o Principado de Zeta e irmán máis vello de Rastko Nemanjić, coñecido despois como San Sava, que foi o fundador da Igrexa Ortodoxa Serbia independente. Heredou o título de Gran Župan en 1196, cando o seu pai abdicou para se facer monxe.[3]

O seu reinado comezou cunha loita contra seu irmán Vukan, que o expulsou de Serbia co apoio do Reino de Hungría. Estevo aliouse co rei Kaloyan de Bulgaria, que puxo á súa disposición un exército de cumáns a cambio de territorios do leste de Serbia. A crise terminou cando Sava negociou unha paz entre os seus dous irmáns e Estevo recuperou o seu poder.

Dado que a curia serbia tiña ambicións para estender a súa influencia nos Balcáns, Estevo usou estas circunstancias propicias para obter a súa coroa real, converténdose así no primeiro rei serbio. En Bizancio, o seu irmán Sava conseguiu asegurar a posición autocéfala para a Igrexa serbia, obtendo un arcebispado de Manuel I, Patriarca de Constantinopla, co se converteu no primeiro arcebispo ortodoxo serbio. Así, os serbios adquiriron ambas as formas de independencia: temporal e relixiosa.

A Serbia de Estevo Nemanjić.

Foi coroado en 1217 polo papa Honorio III, sendo o seu título completo "Rei das terras de Raška, Duklja, Travunia, Dalmacia e Zachlumia", aínda que a versión máis curta foi "Rei dos serbios", elevando o estado á categoría de reino independente, recoñecido internacionalmente. Cando recibiu o título de rei adoptou o nome de Estevo II Nemanjić,[4] aínda que tamén é coñecido como Estevo Prvovenčani (o Primeiro Coroado), como primeiro monarca da dinastía.

Estevo casou, entre 1185 e 1187, con Eudocia Angelina, a filla máis nova do emperador bizantino Aleixo III Anxo e Eufrósine Ducas, e neta do emperador Isaac II Anxo.

Segundo o historiador Nicetas Choniates, Estevo e Eudocia tiveron unha difícil relación e sepáraronse, acusándose mutuamente de adulterio, despois de teren tres fillos. Volveu casar en 1207 ou 1208 con Ana Dandolo, neta do Dux de Venecia Enrico Dandolo, coa que tivo un fillo e unha filla.

A Estevo II sucerérno, sucesoivamente, tres dos seus fillos: Radoslav (Estevo III), Vladislav e Uros Nemanjić, que marcaron un período de estancamento da estrutura do estado.

Radoslav (1228-1233) desempeñou un reinado carente de acontecementos importantes, sendo tutelado politicamente polo Despotado de Epiro;[5] o seu medio irmán (1233-1243) aproveitou a impopularidade de Radoslav para derrocalo e instaurar un goberno moi influído polo Segundo Imperio búlgaro, cuxo emperador Iván Asen II de Bulgaria era o seu sogro.[6]

O terceiro fillo de Estevo II Prvovenčani que accedeu ao trono foi Estevo Uroš I (12431276), que tamén derrocou ao seu irmán aproveitando a debilidade de Bulgaria, o seu principal apoio. Ademais, beneficiouse do declive dos búlgaros en Epiro para intentar expandir os seus territorios, alcanzando os seus confíns a Dubrovnik e Hungría

Predecesor:
Estevo Nemanja
Gran Župan de Raška
Rei de Serbia
12171228
Sucesor:
Estevo Radoslav
  1. Navarro, Francesc (1997). Enciclopedia Salvat. Salvat Editores. ISBN 84-345-9714-4. 
  2. A vacilación no numeral débese a un respecto cara ao seu pai, Estevo Nemanja, fundador da dinastía Nemanjević (coñecida na historiografía serbia como Sacrosanta dinastía Nemanjević) e pai do primeiro gran Estado serbio, aínda que, na historiografía, seu pai sempre se cita como Estevo Nemanja.
  3. Serf land of Montenegro. The Sacrosanct Nemanjic Dynasty (en inglés) Consultada o 2/1/2012.
  4. Aínda que o seu pai non gobernara co título de rei.
  5. Gran enciclopedia Larousse en vinte volumes, Volume 18. Larousse, 1972, páx. 659.
  6. Serbia Consultado o 16/1/2012.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]