Saltar ao contido

Stefan (título)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Stefan (en serbio cirílico Стефан, galeguizado Estevo) foi un nome adoptado por todos os gobernantes da Casa de Nemanjić do Reino de Serbia na época medieval.

O nome deriva do grego Στέφανος Stéphanos, que significa "coroado con coroa de flores", que á súa vez vén da palabra στέφανος, "coroa, honor, recompensa", literalmente "o que rodea ou abarca".[1][2]

Todos os gobernantes de Serbia despois de Estevo Nemanjić ou Estevo Prvovenčani (Stefan Prvovenčani, Estevo o Primeiro Coroado) engadiron o nome de Stefan (en galego Estevo) antes dos seus nomes de nacemento ao ascender ao trono, como unha maneira de honrar aos primeiros gobernantes da súa dinastía, Stefan Nemanja e Stefan Prvovenčani.

Stefan Nemanja, que veneraba a Santo Estevo como o seu santo padrón, era descendente da Casa de Vojislavljević, gobernantes de Zahumlia. A Casa de Nemanjić leva o seu nome, e deu 11 monarcas serbios entre 1166 e 1371, cada un dos cales utilizou Stefan como parte do seu nome de reinado, antepoñéndoo ao seu propio. A casa é, polo tanto, tamén coñecida como "dinastía Stefan".

Debido a que todos os monarcas da dinastía o utilizaron, o nome asumiu un significado simbólico. Converteuse en parte inseparábel da monarquía, e todos os aspirantes ao trono denotaron a súa pretensión real mediante a adopción deste nome.

Algúns gobernantes reinaron con nomes duplos: Stefan Nemanja, Stefan Radoslav, Stefan Vladislav e Stefan Uroš, mentres Prvovenčani e Dečanski son epítetos, non nomes. A natureza exacta de Dragutin e Milutin —nomes ou sobrenomes (alcumes)— non está demostrada. Porén, a diferenza dos nomes Nemanja, Radoslav, Vladislav, Uroš, e mesmo Dušan, nunca aparecen nas fontes oficiais contemporáneas. Polo tanto alcumes como Prvovenčani e Dragutin utilízanse simplemente para seren diferenciados, xa que Stefan era o seu nome oficial.[3]

En 1345, Stefan Uroš IV Dušan de Serbia asumiu o título imperial de tsar, instaurando o Imperio serbio.

Lista de monarcas serbios co título de Stefan

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
  1. "Online Etymology Dictionary". Etymonline.com. Consultado o 6/2/2012. 
  2. στέφανος Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, in Perseus.
  3. Serbian Unity Congress. Serbian Medieval History.