Despotado de Serbia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDespotado de Serbia

Localización
Editar o valor em Wikidata
CapitalBelgrado Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua serbia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa ortodoxa serbia Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creación1402 Editar o valor em Wikidata
Disolución1537 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porPincipado de Serbia Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernoDespotismo Editar o valor em Wikidata
MoedaSerbian perper (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

O Despotado de Serbia (en serbio latino Srpska despotovina, en serbio cirílico Српска деспотовина) ou Despotado serbio, foi un dos últimos estados serbios que caeron baixo o poder do Imperio Otomán.[1]

Aínda que o ano 1389, o ano da Batalla de Kosovo, considérase habitualmente como o fin do Estado medieval serbio, o Despotado, sucesor da Serbia do Morava, último resto do Imperio serbio, estado do knez Lazar, sobreviviu durante 70 anos máis.

Neste Despotado experimentouse un renacemento cultural e político na primeira metade do século XV, antes de ser conquistado definitivamente polos turcos en 1459.

Porén, aínda continuou cunha existencia virtual dentro do Imperio austríaco dos Habsburgo até mediados do século XVI, cos seus gobernantes no exilio en Hungría. Este goberno no exilio prolongouse desde 1403 até 1540.

Historia[editar | editar a fonte]

Orixe do Despotado[editar | editar a fonte]

Murad I, sultán do Imperio Otomán desde 1383.
O knez (príncipe) Lazar Hrebeljanović.

Despois de que o príncipe Lazar morrera na batalla de Kosovo, o 28 de xuño de 1389, sucedeuno o seu fillo Stefan Lazarević. Como era menor de idade, a súa nai, a princesa Milica gobernou como rexente.[1]

Milica, muller sabia e diplomática, logrou evitar a ameaza otomá, aproveitando o caos do Imperio despois da morte do sultán Murad I na batalla de Kosovo. Casou á súa filla, Olivera, co sucesor de Murad, o sultán Bayezid I.

Nalgún momento despois da batalla de Kosovo, despois de 1390 ou 1391, Serbia foi un estado vasalo do Imperio Otomán, así que Stefan Lazarević foi obrigado a participar nas batallas dos turcos cando o ordenaba o Sultán.

Así o fixo na batalla de Rovino, en maio de 1395, contra o príncipe valaco Mircea I, e na batalla de Nicópolis, en 1396, contra o rei húngaro (e emperador xermánico) Sexismundo I.

Despois diso, o sultán Bayezid outorgou a Stefan a maior parte das terras de Vuk Branković en Kosovo, xa que Branković se aliara co rei de Hungría en Nicópolis.

Cando os mongois entraron no Imperio Otomán, Stefan Lazarević participou na batalla de Angora (Ancara), en 1402, na que os otománs foron derrotados e o sultán Bayezid foi capturado. De regreso a Serbia, Stefan visitou Constantinopla, onde o emperador bizantino Manuel II Paleólogo concedeulle o título de Déspota.

En anos anteriores o título significaba que o déspota gobernaría algún estado vasalo, pero como o Imperio bizantino era demasiado débil para facer valer tal regra e Serbia non era un estado vasalo seu.

Stefan Lazarević tomou este título co estilo persoal dos reis serbios; así, o Principado de Serbia converteuse en Despotado de Serbia.

Consolidación[editar | editar a fonte]

En Constantinopla, Stefan tivo unha disputa co seu sobriño Djuradj Branković, fillo de Vuk Branković, que o acompañaba, e que foi detido polas autoridades bizantinas. Paradoxalmente Djuradj, anos máis tarde, sucedería a Stefan.

Imaxe de Stefan Lazarević no mosteiro de Manasija.

Un irmán de Stefan, Vuk Lazarević, tamén ía na súa escolta e, cando volvían a Kosovo, foron atacados polo exército de Branković en Tripolje, preto do mosteiro de Gračanica. Vuk dirixiu o exército dos Lazarević, que resultou vitorioso, pero ao chegaren a Novo Brdo, os irmáns tiveron unha pelexa e Vuk pasouse aos otománs, facéndose súbdito do novo sultán (realmente cogobernante cos seus 3 irmáns) Suleiman I (Süleyman Çelebi).

Aproveitando os disturbios no Imperio Otomán (o chamado Interregno otomán), a principios de 1404 Stefan aceptara ser vasalo do rei húngaro Sexismundo, que lle outorgou Belgrado, até entón posesión húngara, así que esta cidade converteuse na capital de Serbia por primeira vez na historia, xa que todas as antigas capitais de Serbia (Skopje, Pristina, Prilep e Kruševac) foran tomadas polos otománs.

Os seguintes anos estiveron marcados por acontecementos na vida persoal de Stefan. Conseguiu liberar a súa irmá Olivera, viúva de Bayezid. En 1404 fixo as paces co seu irmán Vuk, e en 1405 casou con Katilina Gatiluzzi, filla de Francesco II Gatiluzzi, gobernador da illa grega de Lesbos. Tamén nese ano morreu a súa nai Milica.

O Despotado Serbio en tempos de Stefan Lazarević (1422).
En vermello, Despotado Serbio
En amarelo, Reino de Hungría
En azul, Reino de Bosnia
En verde, Imperio otomán
En verde oliva, posesións venecianas

En 1408 Stefan e o seu irmán Vuk volveron a enfrontarse, e Vuk, o sultán Suleiman e a familia Branković, atacaron a Stefan a comezos de 1409. Sitiado en Belgrado, Stefan acordou darlle parte do sur de Serbia ao seu irmán e aceptar novamente o vasalaxe otomán.

Musa, irmán de Suleimán, rebelouse contra el e Stefan tomou partido por Musa na batalla de Kosmidion, en 1410, cerca de Constantinopla. O exército de Musa foi derrotado e Suleiman. Vuk e Lazar, irmáns de Djuradj Branković, trataron de chegar a Serbia antes de que Stefan regresara, pero foron capturados por simpatizantes de Musa e executados en xullo de 1410. A través de Constantinopla, onde o emperador Manuel II confirmou os seus dereitos despóticos, Stefan regresou a Belgrado e anexionou as terras de Vuk.

Cando Musa se autoproclamou Sultán, na parte europea do Imperio, atacou Serbia en 1412, pero foi derrotado por Stefan cerca de Novo Brdo en Kosovo. Stefan pediulle entón ao gobernador da Anatolia que formaba parte do Imperio, o sultán Mehmed Çelebi, que atacaran a Musa xuntos. Asegurada a axuda húngara, atacaron a Musa en Çamorlu, cerca da montaña de Vitosha (na actual Bulgaria) e derrotárono, resultando Musa morto na batalla. Como recompensa, Stefan recibiu a vila de Koprijan cerca de Niš (Niš si permaneceu en mans dos otománs) e a zona de Znepolje, entre Serbia e Bulgaria.

Durante o resto do seu reinado, Stefan permaneceu en boas relacións con Mehmed, o que fixo posíbel a recuperación da Serbia medieval.

O 28 de abril de 1421 morreu o seu sobriño Balša III, gobernador (zupan) de Zeta, que lle legou as súas terras. Con isto e os territorios cedidos polos húngaros (Belgrado, Srebrenica etc.), Serbia, da man de Stefan, restaurou a maioría dos territorios étnicos que ocupara antes da batalla de Kosovo.

Renacemento[editar | editar a fonte]

O reinado do poeta, pensador e artista, o déspota Stefan Lazarević, foi un período de desenvolvemento artístico renovado en Serbia. Stefan Lazarević, el mesmo poeta, escribiu unha das principais obras literarias serbias medievais, Slovo ljubve ('Palabra de amor') e tivo unha das maiores bibliotecas nos Balcánes nese período. Á parte da estabilidade política como resultado da súa capacidade para manter unha distancia co Imperio Otomán e cos húngaros, estabilidade que tamén foi axudada polas moi ricas minas de prata de Srebrenica e Novo Brdo, das máis ricas de Europa nese momento. Belgrado, daquela converteuse nunha das maiores cidades de Europa, con máis de 100.000 habitantes.

Djuradj Branković[editar | editar a fonte]

Primeiro reino[editar | editar a fonte]

Como o déspota Stefan non tivo fillos, xa en 1426 legara o Despotado ao seu sobriño, Djuradj Branković, que o sucedeu á súa morte o 19 de xullo de 1427. Configurado como a segunda figura máis importante do Despotado durante os seguintes 15 anos, foi confirmado como déspota polo emperador bizantino Xoán VIII Paleólogo en 1429.

A Fortaleza de Smederevo.

Como resultado inmediato da morte de Stefan, Serbia tivo que devolver Belgrado aos húngaros, xa que a cederan a Stefan como un agasallo persoal.

Como as ricas cidades meridionais (como Novo Brdo) estaban demasiado cerca dos otománs como para poderen ser declaradas nova capital, Djuradj decidiu construír unha nova, a magnífica fortaleza de Smederevo, no Danubio, preto da fronteira húngara. Construída dentre 1428 e 1430, Smederevo foi fonte de numerosas malas interpretacións no futuro.

Xa daquela, con respecto á esposa de Djuradj, Jerina. Sendo ela grega e con irmáns moi influentes no novo déspota, a xente comezou a vela con malos ollos, atribuíndolle moitos vicios e malas cualidades, incluído o palacio-fortaleza de Smederevo, que foi considerado como un capricho dela. En cantigas populares foi alcumada como Prokleta Jerina (Jerina a Malvada), pero nada disto pode confirmarse por fontes históricas.

Ocupación temporal otomá[editar | editar a fonte]

Un período de relativa paz terminou en 1438 cando o exército otomán, encabezado polo propio sultán Murad II, atacou e saqueou Serbia. O déspota Djuradj fuxiu a Hungría en maio de 1439, deixando unha rexencia de dous membros, o seu fillo Grgur Branković e o irmán de Jerina Tomé Cantacuzeno para que defenderab o país.

Djuradj Branković, pola graza de Deus déspota do Reino de Rascia e señor de Albania.

Despois de tres meses de asedio, Smederevo caeu o 18 de agosto de 1439, mentres que Novo Brdo, "a nai de todas as cidades" foi conquistada o 27 de xuño de 1441. Daquela, a única parte libre do despotado foi Zeta. O primeiro gobernador otomán de Serbia foi Ishak-Beg que en 1443 foi substituído por Isa-Beg Isaković.

Restauración de Djuradj Branković[editar | editar a fonte]

En Hungría, Djuradj Branković logrou convencer aos dirixentes húngaros para que expulsaran aos otománs de Serbia, formándose unha ampla coalición cristiá de húngaros (baixo Xoán Hunyadi), serbios e romaneses (baixo Vlad II Dracul) que avanzou cara a Serbia e Bulgaria en setembro de 1443. Serbia foi recuperada pola paz de Szeged, o 15 de agosto de 1444.

O difícil que era encontrar o equilibrio entre tan fortes potencias na rexión pode comprenderse de considerarmos o feito de que en 1447-1448 o déspota Djuradj subministrou fondos aos bizantinos para reparar as murallas de Constantinopla pero, sendo oficialmente un vasalo otomán, tivo que enviar un exército para axudar ao sultán Mehmed II a conquistar Constantinopla en maio de 1453.

No seguinte ano Mehmed II atacou Serbia, capturando finalmente Novo Brdo en 1455 e, en 1456, o déspota Djuradj tivo que entregar ao Sultán toda a parte sur de Serbia, antes de morrer, o 24 de decembro de 1456, en Smederevo.

Lazar Branković[editar | editar a fonte]

A Djuradj suecedeuno seu fillo Lazar Branković que, vendo que Serbia era demasiado débil e que era imposíbel derrotar aos otománs no campo de batalla, logrou facer un trato co sultán Mehmed II o 15 de xaneiro de 1457. De acordo con el, garantíanselle a maior parte das terras do seu pai e a promesa de que Serbia non sería invadida polos otománs até a morte de Lazar quen, á súa vez, tivo que pagar un tributo ao Sultán.

Sen a ameaza no sur, Lazar mirou cara ao norte, intervendo nas batallas internas húngaras, e logrando conquistar a cidade de Kovin, na beira esquerda do Danubio, en 1457, a primeira vez na historia que Serbia se estendía ao outro lado do Danubio.

Lazar morreu o 20 de xaneiro de 1458.

Rexencia, e Stefan Branković[editar | editar a fonte]

Escudo de Armas de Stefan Branković.

Como o déspota Lazar Branković non tiña fillos, formouse unha rexencia de tres membros despois da súa morte. Incluía a un irmán de Lazar, o cego Stefan Branković, a viúva de Lazar Helena Paleologuina e a Mihailo Andjelović, gobernador de Rascia.

Despois de que Andjelović deixara secretamente unha compañía de otománs en Smederevo, foi encarcerado en marzo de 1458, e Stefan converteuse en déspota de pleno dereito.

Anos máis tarde, Stefan optou por casa á súa sobriña, filla pequena do déspota Lazar, Marija, con Stjepan Tomašević.

Pero mesmo antes de que casara con Marija, Stjepan Tomašević proclamouse novo déspota o 21 de marzo de 1459 e expulsou a Stefan a Hungría o 8 de abril.

Stjepan Tomašević e caída do Despotado[editar | editar a fonte]

O reinado de Stjepan Tomašević está considerado como o máis funesto de Serbia na Idade Media.

Perdeu dous países ante os otománs: Serbia en 1459 e Bosnia en 1463. O seu autonomeamento como déspota foi moi impopular, pero estaba apopiado polo seu pai, o rei Stjepan Tomáš de Bosnia.

Daquela Serbia reducírase a tan só unna franxa de terra que rodeaba Smederevo. O sultán Mehmed II decidiu conquistar toda Serbia e chegou a Smederevo, e o novo gobernante nin sequera intentou defender a cidade. Despois dunha negociación, permitíuselle aos bosníacos saír da cidade, e Serbia foi oficialmente conquistada polos turcos o 20 de xuño de 1459.

O Despotado no exilio húngaro[editar | editar a fonte]

En 1404 o rei de Hungría Sexismundo I, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico cedera parte de Sirmia ao déspota Stefan Lazarević para que a gobernara, territorio que tamén gobernaron os seus sucesores.

Despois de que o Imperio Otomán conquistara Serbia en 1459, os húngaros renovaron o legado de déspotas, no exilio, á Casa de Branković, e máis tarde á familia Berislavić, que seguiu rexendo a maioría de Sirmia até a conquista otomá, pero o territorio era de facto e de iure parte do Reino de Hungría.

A residencia dos déspotas no exilio era Kupinik (moderna Kupinovo).

Os déspotas foron: Vuk Grgurević (1471–1485), Djordje Branković (1486–1496), Jovan Branković (1496–1502), Ivaniš Berislavić (1504–1514) e Stjepan Berislavić (1520–1535).

O último dos déspotas serbios titulares en Sirmia, Stevan Berislavić, trasladouse en 1522 a Eslavonia, xa que Kupinik fora capturada poas forzas otomás.

Gobernantes do Despotado de Serbia[editar | editar a fonte]

Nome Reinado Notas
Stefan Lazarević (1374–1427) agosto de 1402 - 19 de xullo de 1427 Dinastía Lazarević
Djuradj Branković (1375–1456) 19 de xullo de 1427 - 18 de agosto de 1439 Dinastía Branković
Grgur Branković (1416–59) maio de 1439 - 18 de agosto de 1439 co-rexente con Djuradj
Tomás Kantakouzenos maio de 1439 - 18 de agosto de 1439 co-rexente con Djuradj
Ishak-Beg (falecido en 1443) 1439 – 1443 Gobernador turco
Isa-Beg 1443 - 12 de xuño de 1444 Gobernador turco
Djuradj Branković (1375–1456) 12 de xuño de 1444 - 24 de decembro de 1456 restaurado
Lazar Branković (1421–58) 24 de decembro de 1456 - 19 de xaneiro de 1458 Dinastía Branković
Mihailo Andjelović (falecido en 1464) 19 de xaneiro de 1458 - marzo de 1458 co-rexente
Jelena Paleolog (1432–73) 19 de xaneiro de 1458 - marzo de 1458 co-rexente
Stefan Branković (1420–76) 19 de xaneiro de 1458 - 21 de marzo de 1459 co-rexente até marzo de 1458
Stjepan Tomašević (1438–63) 21 de marzo de 1459 - 20 de xuño de 1459 Dinastía Kotromanić
Gobernantes titulares do Despotado Serbio no exilio en Hungría
Vuk Grgurević Branković (1438–85) 1471 - 16 de abril de 1485 "Zmaj Ognjeni Vuk"
Djordje Branković (1461–1516) febreiro de 1486 - xullo de 1497 Dinastía Branković
Jovan Branković (1462–1502) 1492 - 10 de decembro de 1502 Dinastía Branković
Jelena Branković (falecida en 1530) 10 de decembro de 1502 – 1503 viúva de Jovan
Ivaniš Berislavić (falecido en 1514) 1503 - xaneiro de 1514 Dinastía Berislavić
Stefan Berislavić (1504–36) xaneiro de 1514 – 1536 Dinastía Berislavić
Jelena Branković (falecida en 1530) xaneiro de 1514 – 1522 por segunda vez; actuando en nome do se fillo Stefan, menor de idade
Radič Božić (falecido en 1528) 29 de xuño de 1527 - setembro de 1528 Dinastía Božić
Pavle Bakić (falecido en 1537) 2o de setembro de 1537 - 9 de outubro de 1537 Dinastía Bakić

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Serbian Desperate" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2017. Consultado o 18 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Mala Prosvetina Enciklopedija, Third edition (1985); Prosveta; ISBN 86-07-00001-2
  • Dušan Spasić, Aleksandar Palavestra, Dušan Mrđenović: Rodoslovne tablice i grbovi srpskih dinastija i vlastele, Second edition (1991); Bata; ISBN 86-7685-007-0
  • Vladimir Ćorović: Ilustrovana istorija Srba, Vol. III (2006); Politika NM & Narodna Knjiga; ISBN 86-331-2525-0 (NK)
  • Dennis P. Hupchick: The Balkans: From Constantinople to Communism; Palgrave Macmillan; ISBN 1-4039-6417-3

Outros artigos[editar | editar a fonte]