Sava II de Serbia
San Sava II Свети Сава II Sveti Sava II | |
---|---|
Arcebispo de Serbia Metropolita de Peć Patriarca de Serbia (1263–1271) | |
![]() | |
Pintura mural de Sant Sava en Visoki Dečani | |
Nome completo | Предислав Немањић, Predislav Nemanjić Nome en relixión Сава (Sava) |
Nacemento | 1201 |
Falecemento | 1271 |
Predecesor | Arsenije I |
Sucesor | Danilo I |
Proxenitores | Estevo II Nemanjić Eudoxia Anxelina (en grego Ευδοκία Αγγελίνα), (en serbio Evdokija) |
San Sava II, en serbio cirílico Свети Сава II, en serbio latino Sveti Sava, nado en 1201 como Предислав Немањић, Predislav Nemanjić e finado en 1271, foi un príncipe serbio, o terceiro arcebispo do seu país e patriarca da Igrexa Serbia desde 1263 até a súa moirte en 1271.
Era fillo do rei Stefan II Nemanjić e de Eudoxia Anxelina, filla do emperador bizantino Aleixo III Anxo. Os seus irmáns foron Stefan Radoslav e Stefan Vladislav I, e Comnena Nemanjić. Era, por tanto, sobriño de San Sava (Sava I).
Bautizado como Predislav Nemanjić, moi mozo fíxose monxe, retirándose a facer vida eremítica, imitando ao seu tío, e tamén tomando o seu nome eclesiástico, Sava.
En 1263, á morte do patriarca Arsenio I (Arsenije I), foi nomeado metropolita de Peć e terceiro arcebispo da Igrexa Ortodoxa Serbia.
Foi canonizado pola Igrexa Serbia, que celebra a súa festa litúrxica o 21 de febreiro.
![]() |
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |