Saltar ao contido

Parque zoolóxico de Madrid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Parque zoolóxico de Madrid
Madrid Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Datas
 Fundación / creación
1972 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap18295230 Editar o valor en Wikidata
VIAF132072899 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/05mvxrr Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons
Voitre leonado no zoo de Madrid

O Parque zoolóxico de Madrid (Zoo Aquarium de Madrid), é un zoo que se acha en Madrid (España), exactamente no gran parque forestal urbano da Casa de Campo. O parque pertence a Parques Reunidos S.A..

Foi inaugurado en 1972; ocupa unha área de 20 ha e inclúe 500 especies cun total de 6000 exemplares[1]. Ademais das instalacións dos animais dos cinco continentas, salientan as instalacións dos golfiños, dos leóns mariños, das rapinas, e das aves exóticas.

Golfiños

O primeiro zoolóxico de Madrid data do ano 1770, a Casa de Fieras del Retiro, fundado por Carlos III.

O promotor do actual Zoo de Madrid foi Antonio Lleó de la Viña, que construíu as instalacións na Casa de Campo. O proxecto inicial do Zoo de Madrid estivo a cargo do arquitecto catalán Jordi Mir Valls, gañador do concurso convocado para tal efecto. O parque inagurouse en 1972.

Quince anos despois, en 1987, contruíuse o delfinario. Inaugurouse con sete exemplares de arroaz común ou boto (Tursiops truncatus). Construíuse tamén o pavillón Naturaleza Misteriosa onde se exhibe unha escolma de réptiles, anfibios e invertebrados.

En 1995 construíuse na parte suroeste do recinto o Aquarium, con forma de pirámide de cristal, mide 3.000 m².

En 1997, comezaron as exhibicións de voos de aves de rapina e exóticas nunha zona achegada ao delfinario.

En 2002, a raíña Sofía inaugura as aulas de educación ambiental do Zoo Aquarium.

En 2003, construíuse a instalación para leóns mariños (Zalophus californianus) e pingüíns (Spheniscus demersus).

En 2006 construíuse o complexo de primates do sueste asiático (orangutáns e xibóns de mans brancas (Hylobates lar).

Dende setembro de 2007 o zoolóxico ten un novo complexo con pandas xigantes (Ailuropoda melanoleuca). Os dous primeiros exemplares foron doados polo goberno chinés.[2]

Crianza de animais

[editar | editar a fonte]

No zoo de Madrid críanse un importante número de especies como o panda xigante, a foca grisalla, a cobra de monóculo (Naja kaouthia) e o orangután de Borneo.

En 2007/2008 participou en 30 programas EEP e 21 programas ESB coordinados pola EAZA.[3]

Instalacións e especies

[editar | editar a fonte]

O parque zoolóxico de Madrid exhibe unha colección de máis de 6000 animais de máis de 500 especies diferentes dos 5 continentes.[1]

En 1987 construíuse o delfinario. Inaugurouse en agosto do mesmo ano, importando os animais dende Marineland Cataluña.

En 1995, construíuse o acuario. Ten 35 acuarios de exposición. Hai máis de 200 especies, principalmente peixes e invertebrados mariños.

O parque ten varios restaurantes, quioscos de comida e tendas de recordos.

  1. 1 2 Zoo de Madrid. "Instalaciones". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2011. Consultado o 12 de xaneiro de 2015.
  2. ↑ "China ofrece a España una pareja de pandas". El Mundo. 28 de xuño de 2007.
  3. ↑ EAZA Executive Office. D. de Man, W. van Lint, A. Garn and C. Henke, ed. "EAZA Yearbook 2007‐2008" (pdf). Amsterdam: EAZA. Consultado o 24 de abril de 2022.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]