Sarah Lucas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sarah Lucas
Nacemento1962 e 23 de outubro de 1962
 Holloway
NacionalidadeReino Unido
Alma máterGoldsmiths, University of London
Ocupaciónartista plástica e fotógrafa
editar datos en Wikidata ]

Sarah Lucas, nada en 1962 en Londres, é unha artista que tivo recoñecemento no grupo dos Xoves Artistas Británicos (Young British Artist, en inglés) na década dos 90s.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa obra é coñecida polo seu agudo enxeño e o uso dos elementos ready-made. Estudou no London College of Painting antes de ingresar ao Goldsmiths College, onde acudiu no período 1984-1987. Alí tivo unha relación con Damien Hirst e posteriormente con Gary Hume. A súa obra temperá consistiu en instalacións de esculturas, co que formou parte da exhibición Freeze.

En entrevistas admitiu que logo de Freeze a súa carreira perdeu visibilidade por uns anos e foi coñecida principalmente como a moza de Gary Hume. En 1990, logo de vivir varios anos con el en Nova York, se separaron e Lucas retornou a Londres, onde comezou unha longa relación con Angus Fairhurst.

O éxito veu en 1991 cando expuxo a súa obra en solitario no City Racing. Consistiu esta en collages feitos con portadas de xornais británicos. As dramáticas pezas, con grande énfase no sexo, a deformidade, a violencia e o sensacionalismo tipificaron moitos dos elementos asociados co YBAs. Charles Saatchi comprou o set completo e o exhibiu na Saatchi Gallery, en Londres, no ano seguinte. Lucas usou os cartos procedentes da venda para financiar The Shop, un proxecto executado coa súa amiga Tracey Emin, coñecido como The Birds en 1993. Moitas das obras de Lucas dese período foron parodias sutís do traballo de contemporáneos seus máis famosos.

Fóra das contribucións que realizou ás exhibicións Brilliant, en 1995, e Sensation, en 1997, Lucas non exhibiu en solitario ata 1998, cando Sadie Coles lle organizou unha exposición nun edificio bacío en Clerkenwell. No ano 2000 foille encargada a instalación dunha serie de obras no museo Freud, o cal estivo acompañado dunha exhibición na galería Sadie Coles. Os traballos alí presentados eran formas feminoides inspiradas por Louise Bourgeois. A exposición de Lucas en 2006 realizada no museo Tate Liverpool foi considerada por Jonathan Jones en The Guardian como mediocre.