Agnès Sorel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Agnès Sorel
AgnesSorel11.jpeg
Nacemento1422
 castelo de Fromenteau
Falecemento18 de febreiro de 1450
 Le Mesnil-sous-Jumièges
Causaintoxicação por mercúrio
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónmodelo e dama de companhia
FillosCarlota de Valois e Marie de Valois
editar datos en Wikidata ]

Agnès Sorel, nada en 1422[1][2] e finada o 9 de febreiro de 1450, coñecida polo alcume Dáme de beauté, foi a amante favorita do rei Carlos VII de Francia, con quen tivo tres fillas. É considerada a primeira amante real recoñecida de maneira oficial.

Foi o suxeito de numerosas obras de arte contemporáneas, incluíndo a soada obra de Jean Fouquet A virxe co neno.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla do soldado Jean Soreau e de Catherine de Maignelais, Sorel tiña vinte anos de idade cando foi presentada por primeira vez ó rei Carlos. Nese momento, ocupaba unha posición na residencia de Renato I de Nápoles, como dama de compaña da súa consorte Sabela de Lorena. Máis tarde, comezou a servir a María de Anjou, a esposa de Carlos VII, de quen se convertería en amante pouco tempo despois.[1] O rei deulle o Castelo de Loches (onde Xoana de Arco o convencera de coroarse rei de Francia) para que fose a súa residencia privada.[3]

Pouco tempo despois, requiriuse a súa presenza en Chinon, onde ó parecer a súa compañía sacara ó rei dunha profunda depresión. Tiña unha gran influencia sobre o monarca, que, sumada ós seus gustos extravagantes, valeulle varios inimigos poderosos na corte.[3] Sorel converteuse na primeira amante real recoñecida de maneira oficial.[1]

Legado[editar | editar a fonte]

Sorel é unha das personaxes principais do poema La Pucelle, de Voltaire. Tamén é o suxeito de dúas óperas rusas de finais do século XIX, xunto con Carlos VII: A doncela de Orleáns, de Petr Ilich Chaikovskii, e The Saracen de César Cui. É unha das mulleres representadas no traballo artístico The Dinner Party, de Judy Chicago, que inclúe 999 nomes de mulleres salientables da historia.[1] Dúas pezas de roupa usan o nome Sorel: o corsé Agnes Sorel, o corsage Sorel e un estilo de moda tamén nomeado por ela, o estilo Agnes Sorel, que se usa para describir unha forma de vestir "de princesa".[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Agnes Sorel". Elizabeth A. Sackler Center for Feminist Art: The Dinner Party: Heritage Floor:Agnes Sorel. Brooklyn Museum. 2007. Consultado o 27 de febreiro de 2012. 
  2. 1911 Encyclopædia Britannica/Sorel, Agnes. 1911.
  3. 3,0 3,1 Editions Montparnasse. "France, la visite (DVD)". Editions Montparnasse. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2005. Consultado o 27 de febreiro de 2012. 
  4. Valerie Cumming; P. E. Cunnington; C. W. Cunnington (1 de setembro de 2010). The Dictionary of Fashion History. Berg. p. 2. ISBN 978-1-84788-738-2. Consultado o 27 de febreiro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Autheman, Marc, Agnès Sorel: l'inspiratrice. (2008). ISBN 978-2-84114-952-0
  • Desmondes, Tim. Agnes Sorel: The Breast And Crotch That Changed History. Austin: The Nazca Plains Corporation (2009). ISBN 1-934625-71-X
  • Duquesne, Vie et Aventures galantes de la belle Sorel. París (1909)
  • Goldsmid, Edmund. A King's Mistress: Or, Charles Vii. & Agnes Sorel and Chivalry in the Xv. Century, Volumes 1-2. Charleston: Nabu Press (2010). ISBN 1-146-95205-8