Cantarela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cantarelo»)
Este artigo trata sobre un cogomelo, para a peza musical, véxase cantiga.

A cantarela[1] ou pan de cabra (Cantharellus cibarius, do latín cantharellus, diminutivo de cantharus –i ‘vasilla’)[2] é un fungo basidiomiceto da familia Cantharellaceae. É un cogomelo moi apreciado polas súas calidades culinarias. Os cataláns denomínano rossinyol. Atópase entre as coníferas e árbores planifolias, na maior parte dos casos á sombra de aciñeiras, corticeiras e carballos. É un ingrediente moi empregado na gastronomía europea. Tamén se lle chama cantarelo ou cacafina.[3]

Características[editar | editar a fonte]

Cantarela ou pan de cabra

A súa cor non é característica, pois depende moito do terreo onde naza, podendo ser entre alaranxada e amarel esbrancuxada. O sombreiro é moi variábel e irregular e pode chegar a 10 cm.

Usos gastronómicos[editar | editar a fonte]

Pódese comer incluso cru, mais adóitase guisar e son aptas para secar ou salgar, consevándose perfectamente. A cantarela ten pequenas trazas de amanitinas, pero en cantidades que non son prexudiciais para o noso organismo.

Cogomelos parecidos[editar | editar a fonte]

Pode confundirse co Hygrophoropsis aurantiaca, que é un cogomelo comestíbel, mais hai outro cogomelo similar que é velenoso, o Omphalotus olearius.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome vulgar galego en Enciclopedia Galega Universal Vigo, Ir Indo, 2000
  2. "Cantarelo". Portal das Palabras. Consultado o 22 de outubro de 2016. 
  3. "Cacafina" (PDF). Dicionario de alimentación e restauración. p. 60. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de abril de 2016. Consultado o 23 de xaneiro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]