Comunidade dos Países de Língua Portuguesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «CPLP»)
Comunidade de Países de Lingua Portuguesa
Tipo: Organismo internacional
Membros
Observadores asociados

A Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP) é unha organización internacional formada por países lusófonos, cuxo obxectivo é o "profundización da amizade mutua e da cooperación entre os seus membros".[3]

De acordo co Ministerio de Relacións Exteriores do Brasil, a poboación dos seus países membros suma aproximadamente 270 millóns de persoas.

A organización promove a data do 5 de maio como Día da Cultura Lusófona, celebrado en todo o espazo lusófono, e os Xogos da CPLP, evento deportivo que reúne tódolos membros da organización. A súa sede atópase en Lisboa.

Historia[editar | editar a fonte]

A CPLP foi creada o 17 de xullo de 1996 por Angola, Brasil, Cabo Verde, Guinea-Bisau, Mozambique, Portugal e San Tomé e Príncipe. No ano 2002, tras conseguir a independencia, Timor-Leste foi acollido como país integrante. Guinea Ecuatorial entrou na organización no ano 2014.[4][5] Á data de 2022 son nove os países integrantes da CPLP.

A CPLP aínda é unha organización nova, que busca pór en práctica os obxectivos de integración dos territorios lusófonos. En 2005, nunha reunión en Luanda (Angola), a CPLP decidiu que no día 5 de maio sería conmemorado o Día da Cultura Lusófona polo Mundo.

Xeorxia, Xapón, Namibia e Turquía asociaronse como observadores en 2014.​[6] Mentres que Eslovaquia, Hungría, a República Checa e o Uruguai fixérono en 2016.[7]

Algúns datos da CPLP[editar | editar a fonte]

A Comunidade dos Países de Língua Portuguesa ten unha poboación superior a 230 millóns de habitantes, e ten unha área total de 10 742 000 km² - maior que o Canadá, segundo maior país do mundo. O PIB de todos os países, sumados supera os 950 billóns de US$.

A CPLP xa foi decisiva para algúns dos seus países, axudando na estabilización política, sobre todo no caso dos PALOP (Países Africanos de Língua Oficial Portuguesa).

Organización da Comunidade[editar | editar a fonte]

A Comunidade é rexida polo Secretariado Executivo, que estuda, escolle e pon en funcionamento planos políticos para a organización. Está localizado en Lisboa. O mandato do Secretario Executivo dura dous anos, con posibilidade dunha reelección.

A Conferencia dos Xefes de Estado e de Goberno, bienal, estuda as prioridades e os resultados da CPLP. O plano de acción é tomado polo Consello dos Ministros dos Negocios Estranxeiros e Relacións Exteriores, que se celebra anualmente. Tamén hai encontros mensuais do Comité de Concertación Permanente.

A bandeira da CPLP ostenta oito ás en formato de círculo. Cada unha desas ás representa un membro da CPLP. Até antes da filiación oficial de Timor-Leste, había sete ás.

Outros territorios[editar | editar a fonte]

Galiza[editar | editar a fonte]

Nun inicio existían movementos minoritarios que reclamaban que Galiza fose aceptada como membro de pleno dereito da CPLP, ou polo menos como observadora. Este movemento, impulsado por algúns intelectuais, así como organizacións lingüísticas, que reivindican a unidade da lingua galego-portuguesa (Associaçom Galega da Língua e Movimento Defesa da Língua) defenden que o galego e portugués non son máis que variantes dialectais dun mesmo idioma común.

En 2017 a Academia Galega da Língua Portuguesa pasou a facer parte dos observadores consultivos da CPLP[8]

En 2018 o Parlamento de Galicia, mediante votación unánime, acordou instar a Xunta de Galicia a que solicitase a admisión de Galiza na CPLP.[9]

Guinea Ecuatorial e Mauricio[editar | editar a fonte]

Algúns países africanos teñen idiomas crioulos derivados do portugués, grazas á presenza portuguesa no continente desde o século XV. Os gobernos de Guinea Ecuatorial e Mauricio (sen mencionar Marrocos, que tamén pediu o estatuto de observador), a pesar de falar outros idiomas, buscaron obter o estatuto de Observador da CPLP. Na VI Conferencia de Xefes de Estado e de Goberno, realizada en Bissau en xullo de 2006, Guinea Ecuatorial e Mauricio obtiveron o estatuto de Observador Asociado.

Guinea Ecuatorial decidiu en 2007 adoptar o portugués como lingua oficial para ascender plenamente ao estatuto de membro permanente da Comunidade nun futuro próximo.

Macau[editar | editar a fonte]

Macau foi o último territorio portugués a ser descolonizado, sendo devolvido á China en 1999. Aínda mantén vivos trazos da cultura portuguesa e o portugués é unha das linguas oficiais deste territorio. A petición para obter o estatuto de Obsevador Asociado aínda non foi efectuado polo Goberno da Rexión Administrativa Especial de Macau, entre tanto en 2006 a CPLP fixo unha invitación para a RAEM tornarse membro observador.

Observadores consultivos[editar | editar a fonte]

Para alén dos países con estatuto de Observador Asociado, a CPLP tamén incorpora á súa estrutura organizacións da sociedade civil dos países membros como Observadores Consultivos.[10]

País Observadores consultivos
Angola
  • Fundação Agostinho Neto
  • Fundação Eduardo dos Santos
Brasil
Cabo Verde Cabo Verde
  • Fundação Amílcar Cabral
Galiza
Macau
  • Instituto Internacional de Macau
Portugal Portugal
San Tomé e Principe San Tomé e Príncipe
  • Fundação Novo Futuro
CPLP

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Quatro países admitidos como observadores associados da CPLP". Diário de Notícias (en portugués). Consultado o 1 de novembro de 2016. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "CPLP: Geórgia, Namíbia, Turquia e Japão admitidos como observadores associados" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2015. Consultado o 23 de julho de 2014. 
  3. "Objectivos". cplp.org (en portugués). 
  4. "Guiné Equatorial aceite por consenso como membro de pleno direito da CPLP" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2014. Consultado o 23 de julho de 2014. 
  5. "Guiné Equatorial já é membro de pleno direito da CPLP" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2020. Consultado o 23 de julho de 2014. 
  6. "Geórgia, Namíbia, Turquia e Japão admitidos como observadores associados na CPLP". rtp.pt (en portugués). 
  7. "Quatro países admitidos como observadores associados". Destak (en portugués). 
  8. "CPLP concede estatuto observador consultivo á AGLP". Notícia no web da AGLP. Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2017. 
  9. "O Parlamento aproba solicitar a adhesión de Galicia á CPLP". Cultura Galega. 19 de outubro de 2018. Consultado o 22 de outubro de 2018. 
  10. Comunidade dos Países de Língua Portuguesa. "Lista completa dos Observadores Consultivos" (en português). Consultado o 20 de fevereiro de 2010.