Byung-Chul Han
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1959 (64/65 anos) Seúl, Corea do Sur |
Residencia | Alemaña |
Educación | Universidade da Coreia (pt) Universidade de Freiburg im Breisgau |
Actividade | |
Lugar de traballo | Basilea Karlsruhe |
Ocupación | escritor, filósofo, profesor universitario |
Empregador | Karlsruhe University of Arts and Design (en) (2010–2012) Universidade das Artes de Berlim (pt) |
Influencias | |
Premios | |
| |
Byung-Chul Han (en coreano: 한병철), nado en Seúl en 1959,[1][2] é un filósofo e ensaísta surcoreano. É experto en estudos culturais e docente da Universität der Künste (Universidade das Artes) de Berlín. Escribe en lingua alemá e está considerado como un dos filósofos máis salientables do pensamento contemporáneo pola súa crítica ó capitalismo, a sociedade do traballo, a tecnoloxía e a hipertransparencia.[3]
O seu ensaio Infocracia foi publicado en galego pola Catro Ventos Editora.[4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nunha entrevista no semanario alemán Die Zeit, contou que lle interesa especialmente a tecnoloxía, malia ser crítico con ela. De feito, durante a infancia xogaba sempre con radios e aparellos eléctricos, mais ao final estudou Metalurxia na Universidade de Corea. Abandonou a carreira tras provocar unha explosión na súa casa mentres traballaba con produtos químicos. Chegou a Alemaña con 26 anos, sen saber o idioma e sen ler case nada de filosofía.
Estudou Filosofía na Universidade Albert Ludwig de Friburgo e Literatura Alemá e Teoloxía na Universidade de Múnic. En 1994 doutorouse en Friburgo, Alemaña cunha disertación sobre Martin Heidegger. En 2000 incorporouse ó Departamento de Filosofía da Universidade de Basilea, onde completou a súa formación. En 2010 converteuse en membro da facultade Staatliche Hochschule für Gestaltung Karlsruhe. As súas áreas de interese foron a filosofía dos séculos XVIII, XIX e XX, a ética, a filosofía social, a fenomenoloxía, a antropoloxía cultural, a estética, a relixión, a teoría dos medios de comunicación de masas e a filosofía intercultural. Dende 2012 é profesor de Filosofía e estudos culturais na Universidade das Artes de Berlín (UdK), onde dirixe o Studium Generale, ou programa de estudos xerais.[5]
Até hai pouco, Han negábase a dar entrevistas de radio e televisión. Raramente revela detalles biográficos ou persoais, incluída a súa data de nacemento.[6]
Pensamento
[editar | editar a fonte]Algúns dos seus traballos foron traducidos a varios idiomas. Os máis característicos son tratados do que el denomina a "sociedade do cansazo" (Müdigkeitsgesellschaft), a "sociedade da transparencia" (Transparenzgesellschaft) e o seu concepto de Shanzai, neoloxismo que busca identificar os modos da deconstrución nas prácticas contemporáneas do capitalismo chinés.
Han analiza tamén a "transparencia" como norma cultural creada polas forzas do neoliberalismo. El entende dita norma como o insaciable impulso cara á divulgación voluntaria de todo tipo de información. Segundo Han, os ditados da transparencia impoñen un sistema totalitario de apertura a expensas doutros valores sociais como a vergoña, o segredo e a confidencialidade.[7]
Obra
[editar | editar a fonte]- Heideggers Herz. Zum Begriff der Stimmung bei Martin Heidegger. Wilhelm Fink, Paderborn 1999.
- Todesarten. Philosophische Untersuchungen zum Tod. Wilhelm Fink, Paderborn 1999.
- Martin Heidegger. UTB, Stuttgart 1999.
- Tod und Alterität. Wilhelm Fink, Paderborn 2002.
- Philosophie des Zen-Buddhismus. Reclam, Stuttgart 2002.
- Was ist Macht Reclam, Stuttgart 2005.
- Hyperkulturalität: Kultur und Globalisierung Merve, Berlin 2005. ISBN 978-3-88396-212-2.
- Hegel und die Macht. Ein Versuch über die Freundlichkeit. Wilhelm Fink, Paderborn 2005.
- Gute Unterhaltung. Eine Dekonstruktion der abendländischen Passionsgeschichte. Verlag Vorwerk 8, Berlin 2007.
- Abwesen: Zur Kultur und Philosophie des Fernen Ostens Merve, Berlin 2007. ISBN 978-3-88396-235-1.
- Duft der Zeit: Ein philosophischer Essay zur Kunst des Verweilens Transkript 2009.
- Müdigkeitsgesellschaft Matthes & Seitz, Berlin 2010, ISBN 978-3-88221-616-5.
- Shanzhai 山寨 - Dekonstruktion auf Chinesisch. Merve, Berlin 2011, ISBN 9789896419394.
- Topologie der Gewalt. Matthes & Seitz, Berlin 2011, ISBN 978-3-88221-495-6.
- Transparenzgesellschaft. Matthes & Seitz, Berlin 2012, ISBN 978-3-88221-595-3.
- Agonie des Eros. Matthes & Seitz, Berlin 2012, ISBN 978-3-88221-973-9.
- Bitte Augen schließen. Auf der Suche nach einer anderen Zeit. Matthes & Seitz Berlin 2013 libro electrónico, ISBN 978-3-88221-064-4.
- Digitale Rationalität und das Ende des kommunikativen Handelns. Matthes & Seitz Berlin 2013, ISBN 978-3-88221-066-8.
- Im Schwarm. Ansichten des Digitalen. Matthes & Seitz, Berlin 2013, ISBN 978-3-88221-037-8.
- Psychopolitik: Neoliberalismus und die neuen Machttechniken. S. Fischer Verlag Frankfurt 2014 ISBN 978-3100022035.
- Die Errettung des Schönen. S. Fischer Verlag Frankfurt 2015.
- Die Austreibung des Anderen: Gesellschaft, Wahrnehmung und Kommunikation heute. S. Fischer, Berlin, 2016. ISBN 978-3103972122.
- Close-Up in Unschärfe. Merve, Berlin 2016. ISBN 978-3-88396-387-7.
- Gute Unterhaltung: Eine Dekonstruktion der abendländischen Passionsgeschichte. Matthes & Seitz, Berlin 2017. ISBN 978-3957572752.
- Lob der Erde: Eine Reise in den Garten. Ullstein, Berlin 2018. ISBN 978-3550050381.
- Vom Verschwinden der Rituale: Eine Topologie der Gegenwart. Ullstein, Berlin 2019. ISBN 978-3550050718.
- Palliativgesellschaft. Schmerz heute. Matthes & Seitz, Berlin 2020. ISBN 978-3957572691.
Traducións
[editar | editar a fonte]- Infocracia: a dixitalización e a crise da democracia (2022). Tradución directa do alemán de Patricia Buxán Outeiro. Catro Ventos Editora.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Werner Stegmaier (Hrsg.): Europa-Philosophie. De Gruyter, Berlín/Nova York 2000, ISBN 3-11-016900-2], S. 191 (en liña).
- ↑ Musik & Ästhetik, Band 1, 1997, ISSN 1432-9425
- ↑ "Por favor, cierra los ojos. A la búsqueda de otro tiempo diferente". Miradas. La Vanguardia. 9 de xullo de 2016.
- ↑ 4,0 4,1 "Catro Ventos Editora - Infocracia". Catro Ventos Editora. Consultado o 2024-02-23.
- ↑ "Studium Generale".
- ↑ "Play more and work less: A visit with Byung-Chul Han in Karlsruhe".
- ↑ "Klarheit schaffen".