Catro Ventos Editora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Catro Ventos Editora
FundaciónXuño de 2016
LocalizaciónVigo
IndustriaCultural
Páxina webcatroventos.gal
editar datos en Wikidata ]

Catro Ventos Editora é unha editorial con sede en Vigo que xorde en 2016 co obxectivo de traducir obras relacionadas coa economía social e solidaria, a ecoloxía, o decrecemento, o consumo responsable, a soberanía alimentaria, os dereitos humanos en xeral e a pedagoxía e crianza respectuosas.[1]

Trátase dunha sociedade cooperativa sen ánimo de lucro centrada na publicación en galego de traducións e obras de creación propia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A idea dese proceso editorial xurdiu en 2015 e materializouse en xuño de 2016. Fixo a súa presentación oficial o 11 de outubro dese mesmo ano, coincidindo co lanzamento do seu primeiro título Transición ecolóxica.[2] Catro Ventos Editora é socia de REAS Galicia (desde a súa constitución) e de EspazoCoop (desde 2017).

Publicacións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Nace unha nova editorial en galego especializada en ecoloxía e economía social". Galicia Confidencial. 10 de outubro de 2016. Consultado o 10 de novembro de 2016. 
  2. Culturagalega.org (ed.). "Nace Catro Ventos, unha editorial orientada á sustentabilidade". Consultado o 10 de novembro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]