Brenthis daphne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Brenthis daphne

'
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Familia: Nymphalidae
Xénero: Brenthis
Especie: B. daphne
Denis & Schiffermüller, 1775
Sinonimia
  • Argynnis chloris Esper, 1779

Brenthis daphne é un lepidóptero ropalócero da familia Nymphalidae descrita por Denis & Schiffermüller en 1775.[1][2]

Distribución[editar | editar a fonte]

Distribúese polo sur de Europa, nordeste de Turquía, Iraq, Irán, sur dos Urais, noroeste de Casaquistán, sur de Siberia, Mongolia, a China e o Xapón. Na Península Ibérica atópase na serra de Gredos, serra de Guadarrama, Cataluña, os Pireneos, montes Universales e a cordilleira Cantábrica.[1]

Hábitat[editar | editar a fonte]

Zonas con flores e arbustos, frecuentemente en claros de bosque.[1] A eiruga aliméntase de diferentes especies do xénero Rubus.[3]

Período de voo e hibernación[editar | editar a fonte]

Univoltina, unha xeración ao ano entre finais de maio e comezos de agosto. Hibernación como ovo ou larva nova.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Tolman
  2. http://www.eurobutterflies.com/species_pages/daphne.htm European Butterflies Brenthis daphne (en inglés)
  3. Boletín de la Sociedad Catalana de Lepidopterologia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]