Brais Arribas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Brais Arribas
Nacemento1980
Lugar de nacementoHuesca
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela e Universidad Nacional de Educación a Distancia
Ocupaciónfilósofo e ensaísta
Na rede
Dialnet: 3878714
editar datos en Wikidata ]

Brais González Arribas, nado en Huesca en 1980, realizou os estudos de filosofía na Universidade de Santiago de Compostela doutorándose posteriormente. Ademais é profesor-titor na UNED e é investigador da Cátedra de Hermenéutica Crítica Hecritica, e tamén é docente da área de Filosofía na Universidade de Vigo. A súa corrente de pensamento a herdou da influenza da figura de Gianni Vattimo.

A súa produción filosófica trata cuestións de carácter ético e político, entre as súas obras destacan Vir a menos. Crítica da razón nihilista (Axóuxere, 2019) e Transhumanismo: Tecnociencias e antropotecnias (Euseino? Editores, 2021).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela na promoción 1998-2003 e Doutor en Filosofía pola UNED en 2015 cunha tese sobre o pensamento de Gianni Vattimo. Tras rematar a carreira, xunto con compañeiros de filosofía formaron un colectivo que se chamou Proxecto Derriba no 2008, no cal este autor se dedicou ao pensamento italiano e máis concretamente a Gianni Vattimo. No 2015 forma parte do grupo de investigación Hercritia, un grupo de investigación da UNED, no cal se desenvolven estudos de hermenéutica crítica. Cun amplo recorrido como profesor de secundaria en diversos institutos a partir do ano 2006, actualmente é profesor-titor da UNED na Coruña dende o 2021 e é profesor na Universidade de Vigo nos graos de Ciencias da Educación e Traballo social dende ano 2022.

Pensamento[editar | editar a fonte]

Algunhas das ideas claves do seu pensamento se basean en que a realidade nunca se ve dun xeito directo, facendo que non haxa nin suxeito nin obxecto así como tampouco entidades neutras e asépticas que ven as cousas tal e como son. O obxecto preséntase como algo que non se pode apresar completamente na medida en que sempre se está dentro porque se pertence a un contexto, comunidade lingüística, tradicións, se ten experiencias persoais, gustos, intereses, e todo está xogando como un mediador da forma de comprender a realidade, que non se trata dunha realidade maiúscula. Non hai unha verdade obxectiva, senón que hai microposicións, posicións débiles, que veñen a ser en última instancia posicións situadas, contextualizadas.

Ve a realidade ou as problemáticas de carácter filosófico dentro da intermediación que ofrece a hermenéutica crítica, recoñecéndose coma un pensador debilista ou debolista. Entre as súas influencias, encontramos a Gianni Vattimo, mais tamén o tipo de filosofía máis literario, con autores como Nieztsche, Heidegger, Deleuze, Derrida, Foucault, Roberto Esposito, Slavoj Žižek, Rosi Braidotti, Judith Butler, Vandana Shiva...

Outros temas que tratou foron a problemática da eutanasia na súa obra Sobre a eutanásia, así como tamén se achegou á cuestión do transhumanismo na súa obra Transhumanismo, Tecnociencias e antropotecnias. Entre os seus intereses, e tamén as súas investigacións, atópase a ontoloxía. Dende a súa perspectiva por moito que un teña unha vocación práctica e lle interesen cuestións de profundo carácter ético ou político, ao final considera que ditas perspectivas téñense que basear nunha determinada maneira de concibir como son as cousas. Por outra banda, e seguindo esta liña de investigación, outra das súas lecturas se aproximaron ao que se denomina ontoloxía orientada a obxectos, corrente iniciada por Graham Harman. Tamén dende unha perspectiva ontolóxica publicou Fundamentos ontolóxicos da ecoloxía, onde trata a temática da ecoloxía. Pódense atopar parte das súas ideas nos seguintes ensaios e artigos:

“La ética diferencial de Rosi Braidotti”. Ágora: papeles de filosofía. Vol.37, n.2 (2018); p.173-191.

Este artigo consiste nunha análise da ética da diferenza producida por Rosi Braidotti, xunto coa concepción da subxectividade nómade e posthumana sobre a que se asenta. De acordo con Brais Arribas, a postura positiva e inmanente de Braidotti fai posíbel presentar unha alternativa á ética liberal e individualista. Dita ética ten a súa orixe no humanismo tradicional e está atravesada por múltiples perigos que se deben tratar de superar, como por exemplo, a lexitimación e reprodución da violencia existente, a cal obstaculiza o progreso da alteridade.

Outro xeito de ser: unha introdución ao pensamento de Gianni Vattimo (Estaleiro editora, 2010)

Este ensaio é unha síntese do pensamento de Gianni Vattimo dende a propia interpretación de Brais Arribas, o cal alude a unha lista de termos que representarían a teoría do filósofo italiano. Dita interpretación non se debe tratar como unha explicación única e pechada, dado que un dos propósitos deste ensaio é intentar que o lector reflexione por si mesmo sobre o pensamento de Vattimo. Ademais, considera que presentar tal visión non sería viábel, xa que estamos ante un autor contemporáneo, isto é, o seu pensamento atópase nun proceso aberto de desenvolvemento.

Reduciendo la violencia: la hermenéutica nihilista de Gianni Vattimo (Dykinson, 2016)

Esta obra ten a pretensión de descompoñer a violencia que se oculta baixo a categoría de Metafísica e de trazar unha alternativa que consiga debilitala seguindo as ideas de Gianni Vattimo. Nela, defende que a noción de Metafísica simboliza o devir histórico da civilización occidental, a cal presenta unha gran carga de violencia explícita (os conflitos bélicos serían un exemplo dela), e outra máis difícil de percibir que se corresponde cunha teoría que concibe a realidade de tal modo que lexitima e xustifica os diversos tipos de violencia prácticas. Isto provoca que estas violencias sexan percibidas como admisibles dende un punto de vista racional. Por este motivo, o autor pensa que non se pode ignorar esta cuestión e que a loita debe comezar na filosofía, xa que no seo desta, atópanse os fundamentos teóricos que posibilitan os mecanismos de control e coerción.

Sobre a eutanásia. Cuando decidir que unha morte é vital (Através, 2018)

Se pensamos na eutanasia, con certeza o primeiro que se vén a cabeza é o debate acerca da súa despenalización. Porén, a controversia deste tema debe inscribirse, ou como mínimo contextualizarse, noutra cuestión maior que remite ao significado orixinal do termo, o bo morrer.

Transhumanismo: Tecnociencias e antropotecnias (Euseino?, 2021).

Este libro contén unha análise do transhumanismo, corrente cultural e filosófica que se sitúa a favor de aplicar os novos coñecementos, así como a tecnoloxía, para modificar a natureza humana co fin de perfeccionar as súas propias calidades, ou para que poida posuír outras alternativas.

Vir a menos. Crítica da razón nihilista (Axóuxere, 2019). Edición en castelá: Venir a menos: crítica de la razón nihilista (Catarata, 2019).

Brais Arribas examina nesta obra a posibilidade dun nihilismo debolista co fin de combater o relativismo inconsciente do nihilismo e moitos postulados da metafísica positivista, teoría coa que se identifica o pensamento tradicional occidental. Trátase de explorar un nihilismo que se manteña aberto á alteridade, a diferenza e a pluralidade.

Obras[editar | editar a fonte]

Artigos[editar | editar a fonte]

  • "La ética diferencial de Rosi Braidotti”. Ágora: papeles de filosofía. Vol.37, n.2 (2018); p.173-191.
  • “Antropotecnias: unha humanidade aumentada”. Tempos novos: revista mensual de información e opinión para o debate. N.274. (2020); p.67-69
  • “Morte asistida e ética dos coidados”. Grial: revista galega de cultura. T.59, n.229 (xan.- mar.2021); p.33-39
  • “A responsabilidade dos intelectuais”. Tempos novos: revista mensual de información e opinión para o debate. N.287 (abril 2021); p. 67-69
  • “Do centro ó X”. Tempos novos: revista mensual de información e opinión para o debate. N.290 (xullo 2021); páxina 63-65
  • “Sobre os obxectos”. Tempos novos: revista mensual de información e opinión para o debate. N.295; páxinas 67-69

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Outro xeito de ser: unha introdución ao pensamento de Gianni Vattimo (Estaleiro editora, 2010)
  • Postmodernidad (Batiscafo, 2015; canda a Teresa Oñate)
  • Reduciendo la violencia: la hermenéutica nihilista de Gianni Vattimo (Dykinson, 2016)
  • Ontoloxía hoxe: somos unha conversa? Anotacións sobre filosofía e literatura, núm. 13 (Euseino? Editores, 2016)
  • Sobre a eutanásia. Quando decidir que uma morte é vital (Através, 2018)
  • Vir a menos. Crítica da razón nihilista (Axóuxere, 2019). Edición en castelá: Venir a menos: crítica de la razón nihilista (Catarata, 2019).
  • Transhumanismo: Tecnociencias e antropotecnias (Euseino? Editores, 2021)

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • "O retorno do político" (xunto a Abraham Rubín). A praza é nosa. Quen constrúe a democracia? (2.0 Editora, 2012)
  • "Gianni Vattimo 1936: hermenéutica ontológica y pensamiento débil". 12 pensadores (y uno más) para el siglo XXI (Dykinson, 2014)
  • "La pluralidad reunida: el cuidado, el sujeto y la diferencia. Una visión nihilista del cuidado de sí". Hermenéuticas del cuidado de sí: Cuerpo, alma, mente, mundo (Dykinson, 2018)
  • "Ecologismo diferencial y nihilista", en Repensar lo común (Dykinson, 2019)
  • "El sujeto en la postmodernidad: crítica del humanismo y transhumanidad", en La cuestión del sujeto ante los retos de la globalización (Dykinson, 2019)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]