Vandana Shiva
Vandana Shiva | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 5 de novembro de 1952 |
Dehradun | |
Nacionalidade | India |
Relixión | Hinduísmo |
Alma máter | University of Guelph e University of Western Ontario |
Ocupación | filósofa, física, escritora e catedrática |
Premios | Premios Nobel Alternativos, Prémio Sydney da Paz, Fukuoka Asian Culture Prize, Thomas Merton Award, LennonOno Grant for Peace, Blue Planet Award, doutor honoris causa pola universidade de Toronto e MIDORI Prize for Biodiversity |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Vandana Shiva (en devanágari: वंदना शिवा;), nada en Dehradun (Uttaranchal) o 5 de novembro de 1952, é unha científica, filósofa e escritora India. Activista a favor do ecofeminismo e da agricultura ecolóxica, defensora das sementes tradicionais e contraria aos cultivos transxénicos, recibiu o Premio Nobel Alternativo en 1993.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Shiva naceu en Dehradun, antigamente parte do estado indio de Uttar Pradesh. Durante os anos 70 participou no movemento Chipko, formado principalmente por mulleres que adoptaron a táctica de denuncia ecoloxista consistente en permaneceren abrazadas ás árbores para evitar que fosen pinchados.
En 1982 creou a Fundación para a Investigación Científica, Tecnolóxica e Ecolóxica, a cal conta entre as súas iniciativas o impulso e difusión da agricultura ecolóxica (programa Navdanya), o estudo e mantemento da biodiversidade (Universidade das sementes, Colexio Internacional para a Vida Sostíbel), fomentar o compromiso das mulleres co movemento ecoloxista (Mulleres Diversas pola Diversidade), ou a rexeneración do sentimento democrático (Movemento Democracia Viva).
En 1993, en recoñecemento á súa dedicación aos movementos alternativos e "... por situar a muller e a ecoloxía no corazón do discurso moderno sobre o desenvolvemento", recibiu o Right Livelihood Award, tamén coñecido como o Premio Nobel Alternativo. Outros premios que recibiu son o Global 500 de 1993 do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (UNEP) e o premio internacional do Día da Terra, tamén das Nacións Unidas.
Actualmente é unha líder do Foro Internacional sobre a Globalización, así como un membro destacado do movemento antiglobalización. No seu libro Manifesto por unha democracia da terra propuxo o concepto e a causa da democracia da terra como alternativa ao capitalismo.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: India |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Right Livelihood Award [1]
- Global 500 [2]
- Sementes de resistencia, un artigo sobre Vandana Shiva -no Museo internacional de mulleres-.
- Videoentrevistas con Vandana Shiva con subtitulos en español recompiladas polo Profesor Juan Pablo Galeano Rey.
- Entrevista a Vandana Shiva
|