O transhumanismo (abreviado como H+ ou h+) é un movemento cultural e intelectual internacional que ten como obxectivo final transformar a condición humana mediante o desenvolvemento e fabricación de tecnoloxías amplamente dispoñibles, que melloren as capacidades humanas, tanto a nivel físico como psicolóxico ou intelectual.[1] Os pensadores transhumanistas estudan os posibles beneficios e perigos das novas tecnoloxías que poderían superar as limitacións humanas fundamentais, como tamén a tecnoética axeitada á hora de desenvolver e empregar esas tecnoloxías.[2] Estes especulan sostendo que os seres humanos poden chegar a ser capaces de transformarse en seres con extensas capacidades, merecedores da etiqueta "posthumano".
O significado contemporáneo do termo transhumanismo foi forxado por un dos primeiros profesores de futuroloxía, Fereidoun M. Esfandiary, coñecido como FM-2030, que pensou en "os novos conceptos do humano" na Nova Escola arredor de 1960, cando comezou a identificar ás persoas que adoptan tecnoloxías, estilos de vida e visións do mundo transicionais a "posthumanas" como "transhumanos".[3] Esta hipótese sosteríase nos traballos do filósofo norteamericano Max More, quen empezaría a articular os principios do transhumanismo como unha filosofía futurista en 1990, e a organizar en California un grupo intelectual que dende entón creceu no que hoxe se chama o movemento internacional transhumanista.[4][5]
Influenciado por traballos e obras primarias de ciencia ficción, a visión transhumanista dunha futura humanidade diferente atraeu a moitos partidarios e detractores dunha ampla gama de perspectivas. O transhumanismo foi descrito por Francis Fukuyama como «a idea máis perigosa do mundo»,[6] mentres que Ronald Bailey considera que é un «movemento que personifica as máis audaces, valentes, imaxinativas e idealistas aspiracións da humanidade».[7] Algúns autores consideran que a humanidade xa sería transhumana, porque os progresos médicos nos últimos séculos alteraron de maneira significativa a nosa especie. Porén, non o sería dunha forma consciente e, polo tanto, transhumanista.[8]
↑Hughes, James (2004). Citizen Cyborg: Why Democratic Societies Must Respond to the Redesigned Human of the Future. Westview Press. ISBN 0-8133-4198-1.
Maher, Derek F.; Mercer, Calvin, eds. (2009). Religion and the implications of radical life extension (1st ed.). New York: Palgrave Macmillan. ISBN978-0-230-10072-5.
Cole-Turner, Ronald, ed. (2011). Transhumanism and transcendence : Christian hope in an age of technological enhancement. Washington, D.C.: Georgetown University Press. ISBN978-1-58901-780-1.
Hansell, Gregory R; Grassie, William, eds. (2011). H+/-: Transhumanism and Its Critics. Philadelphia: Metanexus Institute. ISBN978-1-45681-567-7.
Mercer, Calvin; Trothen, Tracy, eds. (2014). Religion and transhumanism : the unknown future of human enhancement. Westport, CT: Praeger. ISBN9781440833250.
Mercer, Calvin; Maher, Derek, eds. (2014). Transhumanism and the Body: The World Religions Speak. New York: Palgrave Macmillan. ISBN9781137365835.
Ranisch, Robert; Sorgner, Stefan Lorenz, eds. (2014). Post- and Transhumanism. Bruxelles: Peter Lang. ISBN978-3-631-60662-9.