Estaleiro Editora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Estaleiro editora")

Estaleiro Editora é unha editorial galega constituída como unha asociación cultural sen ánimo de lucro[1] en 2008 e que cesará a súa andaina no verán de 2016[2].

Historia e características[editar | editar a fonte]

Formada en 2006, é unha editorial autoxestionada, asemblearia e sen ánimo de lucro. Edita baixo licenza Creative Commons, permitindo a reprodución total ou parcial sen fins comerciais, e cargando os textos na propia páxina web.

Publican exclusivamente en galego, respectando a escolla normativa do autor, sendo esta a asumida na edición e promoción da súa obra.

O primeiro libro editado foi Plan de fuga (Alberto Lema, 2008). Outras autoras publicadas na editorial son Carlos Diegues, Rubén Ruibal, Carlos Losada, Raida Rodríguez Mosquera, Óscar Mourave, Moncho Iglesias, Clara Gayo, Marcos Abalde ou Carlos Taibo, ademais de traducións do Grupo Krisis e Bobby Sands. Así mesmo, Estaleiro coedita co Proxecto Derriba libros monográficos sobre filósofos contemporáneos (Toni Negri, Gianni Vattimo, Fredric Jameson ou Jacques Derrida). En colaboración coa editora e distribuidora Corsárias, celebran anualmente as Xornadas galegas da edición independente.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A editora
  2. Pecha Estaleiro Editora, nova en Sermos Galiza o 3 de marzo de 2016.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]