Daniel Frederik Eschricht
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 18 de marzo de 1798 Copenhague, Dinamarca |
| Morte | 22 de febreiro de 1863 |
| Reitor Universidade de Copenhague | |
| 1844 – 1845 ← Anton Wilhelm Scheel – Frederik Christian Sibbern → | |
| Actividade | |
| Ocupación | profesor universitario, fisiólogo, médico, anatomista, zoólogo, coleccionista científico |
| Empregador | Universidade de Copenhague |
| Membro de | |
| Obra | |
| Arquivos en |
|
| Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Grande Enciclopedia Yuzhakov |
Daniel Frederik Eschricht, nado en Copenhague o 18 de marzo de 1798 e finado o 22 de febreiro de 1863, foi un zoólogo, fisiólogo e anatomista danés, recoñecido como unha autoridade no estudo das baleas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou medicina no Frederiks Hospital, graduándose en 1822. Trasladouse a París, onde foi alumno de François Magendie nos anos 1824 e 1825, redactando unha tese sobre os nervios craniais. Despois estudou con destacados naturalistas europeos, entre eles Georges Cuvier. Regresou a Dinamarca en 1829, ingresando na Universidade de Copenhague, onde foi profesor de anatomía e fisioloxía desde 1836.[1][2]
O xénero da balea gris, Eschrichtius foi denominado así, na súa honra, un ano despois da súa morte.[3][4]
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Eschricht emprégase para recoñecer a Daniel Frederik Eschricht como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jørgensen, C. Barker (2005). Daniel Frederik Eschricht (1798-1863), Peter Wilhelm Lund (1801-1880): Danish Pioneers in Experimental Physiology. Historisk-filosofiske Meddelelser 92. Copenhagen: Royal Danish Academy of Science and Letters. ISBN 978-87-7304-314-1.
- ↑ "Daniel Frederick Eschricht, M.D., &c.". Journal of the Proceedings of the Linnean Society: Zoology 7: xli–xlii. 1864.
- ↑ Bo Beolens; Michael Watkins; Michael Grayson (2009). The Eponym Dictionary of Mammals. JHU Press. p. 129. ISBN 978-0-8018-9533-3.
- ↑ Tinker, Spencer Wilkie (1988). Whales of the World. Brill Archive. p. 271. ISBN 0-935848-47-9.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Daniel Frederik Eschricht |