Tribunal Supremo de Israel
| Tribunal Supremo de Israel | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||
|
Cargo dirixente
| |||||||||
|
Presidente/a
Uzi Vogelman (en) Esther Hayut (pt) | |||||||||
| Datas | |||||||||
| |||||||||
| Localización | |||||||||
| |||||||||
| Identificadores | |||||||||
| |||||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
O Tribunal Supremo de Israel é a máxima institución xudicial do Estado de Israel. A Lei Básica: o poder xudicial (1984) regula as súas competencias, composición e funcionamento. A súa sede está en Xerusalén.
Características
[editar | editar a fonte]O Tribunal Supremo está á cabeza do sistema xudicial do Estado de Israel e ten unha dupla función. Dunha parte é a máxima instancia de apelación en material civil e penal e doutra encárgase da revisión xudicial das medidas do goberno.[1][2]
Os fallos do Tribunal Supremo son de obrigado cumprimento no país agás para ela mesma, seguindo o principio de stare decisis.[3] As súas decisións gañan notoriedade internacional cando se pronuncian sobre cuestións derivadas do conflito árabe-israelí, os dereitos dos árabes de Israel ou a corrupción no goberno.
O número de xuíces determínao a Knesset, actualmente está fixado en 15. Os seus membros son designados polo Presidente do Estado de Israel seguindo o consello dunha comisión especial composta por xuíces do Tribunal Supremo, do Colexio de Avogados e personalidades públicas.[4] Os xuíces son cargos vitalicios pero cesan ao cumprir os 70 anos de idade, aquel que leve máis tempo servindo no Tribunal é o presidente.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Judiciary: The Court System" (en inglés). Ministerio de Asuntos Exteriores de Israel]. Consultado o 5 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Israel’s high court unique in region". The Boston Herald (en inglés). 9 de setembro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 1 de maio de 2011. Consultado o 5 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Legal Research Guide: Israel". Library of Congress. Consultado o 31-1-2021.
- ↑ "Estado: poder xudicial". Embaixada de Israel en Madrid. Consultado o 31-1-2021.
- ↑ "Basic Law: judiciary (1984)". Knesset. Consultado o 31-1-2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial do Tribunal Supremo de Israel Arquivado 03 de febreiro de 2021 en Wayback Machine. (en inglés)
