Arnoso, Ponteareas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Arnoso
S. Lourenzo de Arnoso, Ponteareas.jpg
ConcelloPonteareas
Poboación257 hab. (2014)
Entidades de poboación6

San Lourenzo de Arnoso é unha parroquia do municipio de Ponteareas. Segundo o INE en 2014 tiña 257 habitantes (120 homes e 137 mulleres)[1] distribuídos en 6 entidades de poboación, 19 menos ca en 1999. Limita o norte e ó oeste coa parroquia de Xinzo, ó leste coa de Areas e ó sur coa de Guláns.

Historia[editar | editar a fonte]

Segundo algúns historiadores, a esta parroquia refírese a doazón realizada nos anos 893 e 899 por Afonso III ao bispo Sisnando da diocese compostelá[2][3].

offerimus atque donamus glorie uestre pro uictu fratrum in loco uestro degentium et sustentacione pauperum seu peregrinorum adueniencium uel ibi commorantium ecclesiam Sancte Marie, nobis iure debita, que est est fundata in uilla quam dicunt Arenosium iuxta fluuium Tena.[4]

O 6 de maio de 899 confírmase a doazón:

item et ecclesiam Sancte Marie in Arenoso juxta fluuium Tena cum cunctis prestationibus suis.

Porén, hai historiadores que defenden que se refire á parroquia de Areas.

O 29 de marzo de 1223 Urraca Gomiz vendeulle ó mosteiro de Santa María de Melón unhas herdades en Arnoso, Arais e San Lourenzo por 100 soldos:

In Dei nomine. Ego Urraca Gomit facio cartam in centum aureis roboratam vobis domno Vermudo abbati de Melon et Gomecio priori et conventui de omni hereditate quam habeo in Arnusu et in Sancto Laurentio vel debeo habere ego et omnis vox mea
De omni hereditate vobis vendita tam in Arnusu quam in Arais vel in Sancto Laurentio, quantum habeo, in iure vestro maneat sine omni calumpnia[5].

O 12 de outubro de 1347 María de Sexemonde outorgou carta de desembargo de bens a favor do mesmo mosteiro dun casal, herdade, dereituras e outras pertenzas do lagar chamado Casal de María, na freguesía de San Lourenzo de Arnoso, que ela e o seu defunto marido Gil Rodríguez lle usurparan a este.[6]

No Catastro de Ensenada recóllese que en 1749 había en Arnoso 87 veciños, 90 casas habitables, 10 inhabitables e 12 arruinadas[7]. Tiña 3 muíños de agua (muíño da Vichiña, muíño do Outeiriño e muíño do Foxiño), 2 tabernas e 28 colmeas.

En 1861 construíuse a igrexa parroquial, adicada a San Lourenzo e con retablo neoclásico. A carón da igrexa hai dous cruceiros e tres cruces que representan o Calvario.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Arnoso[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Arnoso no concello de Ponteareas (Pontevedra)

O Cotarel | O Covelo | A Muxena | A Oliveira | O Outeiriño | O Souto da Presa

Parroquias de Ponteareas[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Ponteareas

Angoares (San Pedro) | Arcos (San Breixo) | Areas (Santa María) | Arnoso (San Lourenzo) | Bugarín (Santa Cristina) | Celeiros (San Fins) | Cristiñade (San Salvador) | Cumiar (Santo Estevo) | Fontenla (San Mamede) | Fozara (San Bartolomeu) | Guillade (San Miguel) | Guláns (San Xulián) | Moreira (San Martiño) | Nogueira (San Salvador) | Oliveira (Santiago) | Padróns (San Salvador) | Paredes (San Cibrán) | Pías (Santa Mariña) | Ponteareas (San Miguel) | Prado (San Nicolao) | Ribadetea (San Xurxo) | San Lourenzo de Oliveira (San Lourenzo) | San Mateo de Oliveira (San Mateo) | Xinzo (Santa Mariña)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Instituto nacional de estatística". Consultado o 21/12/2015. 
  2. López Ferreiro, Antonio (1899). Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela. p. 174. 
  3. Bascuas, Edelmiro (2002). Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega. p. 43. ISBN 978-84-9750-026-5. 
  4. Documento do 25 de xullo de 893, tombo A da Catedral de Santiago de Compostela.
  5. MADRID, AHN, 1440/1. 
  6. MADRID, AHN, 1464/15. 
  7. "Documentos orixinais do castastro de Ensenada en Arnoso". Consultado o 21/12/2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]