Arcos, Ponteareas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Arcos
Igrexa parroquial de San Breixo de Arcos, Ponteareas.jpg
Igrexa parroquial de San Breixo de Arcos.
ConcelloPonteareas[1]
ProvinciaPontevedra
Poboación488 hab. (2013)
Entidades de poboación11[1]
editar datos en Wikidata ]

San Breixo de Arcos é unha parroquia que se localiza no concello de Ponteareas. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 488 habitantes (240 mulleres e 248 homes), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un lixeiro aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 445 habitantes.

Xentilicio[editar | editar a fonte]

O seu xentilicio é arcoso[2].

Historia[editar | editar a fonte]

En 991 foi doada polo rei Vermudo II á Igrexa compostelá. Nela existiu un mosteiro de cabaleiros templarios. En 1377 o bispo tudense Juan de Castro entregoulle á súa igrexa varias terras, algunhas situadas nesta parroquia, para que puidesen ter capeláns.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

En Arcos sitúase a Pena dos Namorados, con abundantes lendas, e a Pena do Equilibrio.

A igrexa parroquial de San Breixo de Arcos data de 1762, pero sufriu diversas ampliacións posteriores. No lugar da Serra hai unha pequena ermida dedicada á Virxe das Angustias, construída en 1684 e ampliada séculos despois.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Arcos[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Arcos no concello de Ponteareas (Pontevedra)

A Camba | O Correlo | A Estibada | A Gándara | A Igrexa | O Monte | Novexil | Ponte Alta | A Serra | Valverde | Veasque

Parroquias de Ponteareas[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Ponteareas

Angoares (San Pedro) | Arcos (San Breixo) | Areas (Santa María) | Arnoso (San Lourenzo) | Bugarín (Santa Cristina) | Celeiros (San Fins) | Cristiñade (San Salvador) | Cumiar (Santo Estevo) | Fontenla (San Mamede) | Fozara (San Bartolomeu) | Guillade (San Miguel) | Guláns (San Xulián) | Moreira (San Martiño) | Nogueira (San Salvador) | Oliveira (Santiago) | Padróns (San Salvador) | Paredes (San Cibrán) | Pías (Santa Mariña) | Ponteareas (San Miguel) | Prado (San Nicolao) | Ribadetea (San Xurxo) | San Lourenzo de Oliveira (San Lourenzo) | San Mateo de Oliveira (San Mateo) | Xinzo (Santa Mariña)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]