Angoares, Ponteareas
Angoares | |
---|---|
Igrexa parroquial | |
Concello | Ponteareas[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°09′53″N 8°30′24″O / 42.164833, -8.506667 |
Poboación | 459 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Pedro de Angoares é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponteareas na comarca do Condado. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 486 habitantes (262 mulleres e 224 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un lixeiro aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 482 habitantes.
Demografía
[editar | editar a fonte]Fonte: IGE
2018 | 2017 | 2016 | 2015 | 2014 | |
HOMES | 214 | 214 | 221 | 243 | 223 |
MULLERES | 245 | 247 | 235 | 224 | 255 |
TOTAL | 459 | 461 | 456 | 467 | 478 |
Patrimonio histórico artístico
[editar | editar a fonte]A igrexa de San Pedro de Angoares é do século XII. A súa orixe hai que buscala nun mosteiro visigodo situado sobre unha vila romana, séculos máis tarde construiríase a igrexa románica. Ten planta de cruz latina e testeiro recto, destacando os seus capiteis e a magna colección de canzorros antropomorfos e zoomorfos. Algúns dos personaxes esculpíronse sentados coas mans suxeitando a súa cabeza, como se estivesen meditando. A antiga fachada románica desapareceu logo dunha reforma feita no ano 1900.
Pola parroquia de Angoares pasa o río Tea e o seu afluente o río Uma. Neste último, no lugar de Cabalón, existe unha ponte medieval xunto á cal mana un manancial que, segundo din, é similar á auga que agroma na vila de Mondariz. Pódese pasear pola súa ribeira apreciando e admirando a vexetación e fauna típica de bosque de ribeira.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Angoares
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Angoares no concello de Ponteareas (Pontevedra) | |
---|---|
A Abelleira | O Cabalón | O Carballal | Picón | As Searas | A Valboa |
Parroquias de Ponteareas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Clodio González e Mariano Piñeiro. Historia de Puenteareas. ISBN.