Armando Manzanero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Armando Manzanero
Manzanero cine.jpg
Nome completoArmando Manzanero Canché
Nacemento7 de decembro de 1935 (83 anos)
OrixeFlag of Mexico.svg Mérida, Iucatán, México
Ocupacióncompositor
cantante
produtor
actor
XéneroBalada, Bolero
Instrumento(s)piano, acordeón
Tipo de vozsolista
Selo(s) discográfico(s)RCA Víctor
Relacionado conLuis Miguel
José José
Manoella Torres
Pedro Vargas
Lucho Gatica
Javier Caumont
Alejandro Fernández
Susana Zabaleta
Dulce
Myriam Montemayor
Lucero.
Tempo en activo1950 - presente
Na rede
Sitio oficial
editar datos en Wikidata ]

Armando Manzanero, nado en Mérida (México) o 7 de decembro de 1935 é un músico, actor e compositor mexicano.

Biografía[editar | editar a fonte]

Aos 8 anos iniciou estudos de música na escola de Belas Artes da súa cidade natal, e logo completou a súa formación musical na Cidade de México. En 1950 compón a súa primeira melodía titulada "Nunca en el mundo" e ao ano seguinte inicia a súa actividade profesional como pianista. Seis anos máis tarde (1957) comeza a traballar como director musical da filial mexicana da compañía discográfica CBS Internacional. Pouco despois convértese no pianista acompañante de artistas como Pedro Vargas, Lucho Gatica e Raphael.

En 1962 obtén o quinto lugar no Festival da Canción en México. En 1965 gaña o primeiro lugar do Festival da Canción en Miami co tema Cuando estoy contigo. En 1967, animado por un executivo da filial mexicana do selo RCA Victor, grava o seu primeiro disco con cancións de seu, todas elas de xénero romántico.

As súas cancións foron interpretadas por cantantes como Frank Sinatra, Tony Bennett, Elvis Presley, Frank Pourcel, Paul Mauriat, Ray Conniff, Manoella Torres, Marco Antonio Muñiz, Edith Márquez, Raphael, Moncho, José José, El Tri, Andrea Bocelli, Andrés Calamaro, Christina Aguilera, Pasión Vega e Luis Miguel.

En 1978 obtivo o primeiro lugar do Festival de Mallorca co tema Señor amor. Outras cancións coñecidas del son Voy a apagar la luz, Contigo aprendí, Adoro, Esta tarde vi llover, Por debajo de la mesa, Somos novios ou Felicidad. En 1993 a revista Billboard outorgoulle o Premio á Excelencia pola súa traxectoria artística.

Nos anos setenta perdeu un xuízo nos Estados Unidos por plaxio por causa da súa canción It's Impossible.

Discografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]