Claves

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Claves

As claves son un instrumento de percusión feito con madeira maciza e que consiste nun par de bastóns cilíndricos.

Características[editar | editar a fonte]

O seu diámetro é de aproximadamente 2,5 centímetros e a lonxitude duns 20 centímetros. O son prodúcese ao percutir o un sobre o outro. O executante debe procurar suxeitar o instrumento utilizando a menor superficie posíbel, para non afogar o son. O timbre deste instrumento é agudo e dependente do material ou corte e tipo de madeira, así tamén como do seu acabado.

A súa orixe é afro-cubana. Dende A Habana, as claves pasaron ao conxunto da música latinoamericana, onde se usan para marcar o ritmo. Da música de baile, logo coáronse nas orquestras.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]