Frauta de millo miúdo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O frautista de Rodrigo Arenas Betancourt

A frauta de millo é un instrumento musical aerófono, de posible orixe africana[1], que se utiliza principalmente na cumbia e que se constrúe a partir da cana do millo formando un tubo de cana, aberto aos extremos, de entre 20 e 40 cm[2], cunha lingüeta vibrante cortada do mesmo tubo e con catro orificios dixitais, o instrumento execútase de maneira transversal, e é típico da costa caribeña de Colombia. Utilízanno os grupos de música tradicional folclórica, denominados por iso "grupos de millo", non obstante tradicionalmente utilizábase durante as festa do Nadal[3]. Ademais de con millo pódese construír cunha cana, denominada localmente carrizo, que medra nas zonas húmidas ou nas beiras dos ríos para evitar a consistencia fráxil e a baixa potencia do son das realizadas con millo. Tamén se realiza con lata (especie de bambú)[4]

Características[editar | editar a fonte]

A frauta de millo posúe unha característica que a fai única no seu xénero, as notas pódense producir de tres modos, soprando a frauta expulsando aire pola lingüeta, pero tamén inhalando o aire pola lingüeta para producir notas máis agudas e facendo vibrar a lingüeta cunha exhalación de aire que se produce dende a gorxa, como ao gargarexar, para producir as máis graves[5].

A frauta de millo constrúese en diversas tonalidades desde si bemol ata mi.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. George List Music and Poetry in a Colombian Village: A Tri-Cultural Heritage, Indiana University, 1983, pp. 60-65
  2. Malena Kuss Music in Latin America and the Caribbean: An Encyclopedic History, University of Texas Press, 2004, páxina 314
  3. Malena Kuss, ob. cit. páxina 314
  4. Guillermo Abadía Morales, La Música Floklórica Colombiana, Universidad Nacional de Colombia, Bogotá, 1973, pp. 125-126
  5. Segundo Abadía Morales esa sería a forma correcta de tocar o instrumento