Timbaleta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Timbaletas

As timbaletas son un instrumento de percusión. Consisten en dous pequenos tambores unidos e polo xeral montados sobre un atril metálico. Estes tambores son de metal con cabezas afinábeis de pel (membranófono). A membrana non sobresae polo aro que a suxeita. A pel sobrante queda no interior. Trátase dun instrumento moi recurrido na música folclórica latinoamericana.