Bambuco
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2016.) |
O bambuco é un xénero musical propio de Colombia. Está considerado un dos máis representativos dese país, tanto é así que chegou a ser recoñecido entre os emblemas nacionais[Cómpre referencia] e como parte do folclore desta nación caribeña.
Características
[editar | editar a fonte]O seu ritmo, na partitura, básase nun compás binario con subdivisión ternaria (6/8), aínda que pode ser interpretado en compás ternario con subdivisión binaria o 3/4. O bambuco é unha composición baseada na copla e na toada cun certo aire mestizo. Trátase dun xénero moi descritivo, romántico e nostálxico, utilizado amplamente para expresar o orgullo e a altivez pola terra e a raza, tal como figura na letra da composición "Son colombiano" de Rafael Godoy.