Arciprestado de Tea-Condado
O arciprestado de Tea-Condado é un arciprestado pertencente á diocese de Tui-Vigo. Abrangue 49 parroquias e 5 anexos dos concellos de Mondariz, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Foi creado polo Decreto do 29 de xuño de 2016,[2] mediante fusión dos arciprestados de Tea e Salvaterra, e a anexión das parroquias de Ponteareas e Salvaterra de Miño que antes pertencían ó arciprestado de Entenza; que á súa vez se fusionou co de Tui, formando o arciprestado de Tui-Entenza.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O arciprestado aséntase na bisbarra do Condado, e é atravesado polo río Tea. Estas dúas características danlle o nome de Tea-Condado. Limita cos arciprestados de Redondela-Oitavén, Montes-Mondariz, San Martiño, Tui-Entenza e A Louriña; todos eles da diocese Tui-Vigo. Ademais, limita polo sur co arciprestado de Monção, pertencente á diocese portuguesa de Viana do Castelo.
Parroquias e Anexos
[editar | editar a fonte]As seguintes parroquias e anexos integran o arciprestado de Tea-Condado:[1][2]
- San Paio de Alxén
- San Pedro de Angoares
- San Pedro de Arantei
- San Breixo de Arcos
- Santa María de Areas
- San Lourenzo de Arnoso
- Santa Baia de Batalláns
- Santa Cristina de Bugarín
- San Miguel de Cabreira
- San Fins de Celeiros
- San Xoán de Cerdeira
- San Miguel de Corzáns
- San Salvador de Cristiñade
- Santo Estevo de Cumiar
- San Paio de Fiolledo
- San Mamede de Fontenla
- San Xoán de Fornelos
- San Miguel de Guillade
- San Xulián de Guláns
- San Salvador de Nogueira
- Santa María de Oleiros
- San Lourenzo de Oliveira
- San Mateo de Oliveira
- Santiago de Oliveira
- San Salvador de Padróns
- Santa Mariña de Pesqueiras
- San Miguel de Ponteareas
- San Paulo de Porto
- San Nicolao de Prado
- San Xurxo de Ribadetea
- San Cibrán de Ribarteme
- San Xosé de Ribarteme
- Santiago de Ribarteme
- San Xoán de Rubiós
- San Lourenzo de Salvaterra
- Santa Uxía de Setados
- Santa María de Taboexa
- Santiago de Tortoreos
- Santo André de Uma
- Santa María de Vide
- San Martiño de Vilasobroso
- Santa Mariña de Xinzo
Anexos
[editar | editar a fonte]- San Pedro de Batalláns (San Miguel de Guillade)
- Santa María de Liñares (Santiago de Tortoreos)
- Santo André de Lourido (San Xoán de Fornelos)
- Santa Comba de Soutolobre (San Mateo de Oliveira)
- San Xoán de Vilacova (San Lourenzo de Oliveira)
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Igrexa de Santo André de Uma
-
Igrexa de San Xoán de Vilacova
-
Igrexa de Nosa Señora da Franqueira
-
Igrexa de San Miguel de Ponteareas
-
Igrexa de San Mateo de Oliveira
-
Igrexa de San Nicolao de Prado
-
Igrexa de San Breixo de Arcos
-
Igrexa de San Mamede de Fontenla
-
Igrexa de San Fins de Celeiros
-
Igrexa de San Xurxo de Ribadetea
-
Igrexa de Santo Estevo de Cumiar
-
Igrexa de San Salvador de Padróns
-
Igrexa de San Martiño de Vilasobroso
-
Igrexa de San Pedro de Batalláns
-
Igrexa de San Xosé de Ribarteme
-
Igrexa de San Cibrán de Ribarteme
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Parroquias do Arciprestado de Tea-Condado". Consultado o 15/12/2019.
- ↑ 2,0 2,1 "Decreto de fusión de arciprestazgos en Tea-Condado" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13-04-2020. Consultado o 15/12/2019.