Arciprestado da Guarda-Tebra
O arciprestado da Guarda-Tebra é un arciprestado da comarca do Baixo Miño, pertencente á diocese de Tui-Vigo. Abrangue parroquias dos concellos de Oia, O Rosal, A Guarda e Tomiño (aínda que a parroquia de Sobrada pertence ó arciprestado de Tui).
Xeografía e historia[editar | editar a fonte]
Na actualidade, por Decreto de 23 de marzo de 2006, foron unificados os antigos arciprestados da Guarda e Tebra, constituíndo un único. Noutrora, o arciprestado de Tebra chamábase Tebra-Taras, ou coas variantes Tariaes e Taraes.[1] Linda cos arciprestados de Miñor e Tui. Está bañado por ríos como o Miño, San Martiño, Pexegueiro, Pinzás, o Tamuxe ou o Barrantes.
Parroquias e anexos[editar | editar a fonte]
Está formado polas parroquias de:[2]
- Amorín
- Barrantes
- Burgueira
- Camposancos
- As Eiras
- Estás
- Figueiró
- Forcadela
- Goián
- A Guarda
- Loureza
- Mougás
- Oia
- Pedornes
- Pinzás
- Piñeiro
- O Rosal
- Salcidos
- Tabagón
- Taborda
- Santa María de Tebra
- O Salvador de Tebra
- Tomiño
- Viladesuso
- Vilameán
O arciprestado posúe tres anexos:
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ ÁVILA Y LA CUEVA, Francisco "Historia Civil y Eclesiástica de la Ciudad de Tui y su Obispado" T. II: Vilas, Parroquias, Arciprestados. Edición facsimilar. Consello da Cultura Galega (1995)
- ↑ "diocesetuivigo.org/diocese/parroquiasguardatebra". Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2014. Consultado o 15 de decembro de 2014.