Anxo Xoán Rajó Pazó

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAnxo Xoán Rajó Pazó

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de setembro de 1973 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndocente , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Anxo Xoán Rajó Pazó, nado en Vigo o 23 de setembro de 1973, é un profesor e escritor galego.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou Filoloxía Hispánica na Universidade de Vigo e rematou Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela.

Impartiu clases de Lingua Galega e Literatura en varios institutos galegos, pasando a Baiona en 2022 no CPI Cova Terreña.[2]

Foi coordinador de literatura na Enciclopedia Galega Universal (EGU)[3] e coordinador xeral do Diccionario Enciclopédico Galego Universal (DEGU) en Ir Indo Edicións.

Colaborou na revista da Sociedade para o Estudo e a Conservación do Patrimonio Natural e Etnográfico de Galicia.[4]

É membro da fundación Premios da Crítica Galicia. Colabora coa Aula Castelao de Filosofía[5] e coa Asociación Maragatacasa, centro interpretativo sobre os maragatos en Lourenzá.

Editou no Centro Ramón Piñeiro Contos do turreiro de Avelino Rodríguez Elías.[6] Tamén colaborou no Diccionario de galego de Ir Indo.

Publicacións[editar | editar a fonte]

Publicacións colectivas[editar | editar a fonte]

  • Unidade didáctica de Cabo Udra: documento educativo centrado nos principais valores deste espazo medioambiental da Rede Natura 2000 (2009). Vigo: Estela D.L. Con Miguel A. Fernández-Martínez e Álvaro Castro Baliña.
  • Mergúllate en Ons!: documento educativo centrado nos principais valores deste espazo natural pertencente ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (2011). Vigo: Estela D.L. 54 páxs. Con Miguel A. Fernández-Martínez.
  • Natureza nos camiños de Pontevedra (2011). Vigo: Estela D.L. 72 páxs. ISBN 978-84-939724-2-4. Con Miguel A. Fernández-Martínez e Esther Gómez Álvarez.
  • Guía de campo da natureza dos camiños de Galicia (2011). Vigo: Estela D.L. 72 páxs. ISBN 978-84-939724-0-0. on Miguel A. Fernández-Martínez.
  • Guía dos nosos bosques (2011). Vigo: Estela D.L. 72 páxs. ISBN 978-84-939724-1-7. Con Álvaro Castro Baliña.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Technologies, BiblioEteca. "ANXO XOAN RAJO PAZO en BiblioEteca". BiblioEteca (en castelán). Consultado o 2021-05-23. 
  2. R. Sotelino, Begoña (2021-05-04). "Xela Arias, para estudantes e máis alá". La Voz de Galicia. Consultado o 2021-05-23. 
  3. "EGU - Enciclopedia Galega Universal". EGU - Enciclopedia Galega Universal. Consultado o 2023-05-08. 
  4. "ASOCIACIÓN SOCIEDADE PARA O ESTUDO E CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO NATURAL E ETNOGRAFICO Voluntariado Galego". voluntariadogalego.org. Consultado o 2021-05-23. 
  5. "Aula Castelao de Filosofía". Consultado o 2023-05-09. 
  6. "Recuperación de textos literarios e xornalísticos galegos". www.cirp.es. Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-23. 
  7. "La editorial Ir Indo publica una biografía del ourensano Otero Pedrayo con la colaboración de la Diputación". La Voz de Galicia (en castelán). 2009-06-03. Consultado o 2021-05-23. 
  8. "A biografía de Franco Grande sobre Fernández del Riego crece da man experta de Anxo Rajó". La Voz de Galicia. 2023-04-29. Consultado o 2023-05-08. 
  9. culturagalega.org (2023-05-03). "Ramón Nicolás asina unha biografía para Xerais e Anxo Rajó actualiza para Ir Indo a que fixera Franco Grande". culturagalega.org. Consultado o 2023-05-08. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]