Anxo Xoán Rajó Pazó

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Anxo Xoán Rajó Pazó
Anxo Xoán Rajó Pazó.jpg
Nacemento23 de setembro de 1973
Lugar de nacementoVigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Vigo e Universidade de Santiago de Compostela
Ocupacióncatedrático e escritor
editar datos en Wikidata ]

Anxo Xoán Rajó Pazó, nado en Vigo o 23 de setembro de 1973, é un profesor e escritor galego.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou Filoloxía Hispánica na Universidade de Vigo e rematou Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela.

Impartiu clases de Lingua Galega e Literatura e varios institutos galegos.[2]

Foi coordinador de literatura na Enciclopedia Galega Universal (EGU) e coordinador xeral do Diccionario Enciclopédico Galego Universal (DEGU) en Ir Indo Edicións.

Colaborou na revista da Sociedade para o Estudo e a Conservación do Patrimonio Natural e Etnográfico de Galicia.[3]

É membro da fundación Premios da Crítica Galicia.

Editou no Centro Ramón Piñeiro Contos do turreiro de Avelino Rodríguez Elías.[4] Tamén colaborou no Diccionario de galego de Ir Indo.

Publicacións[editar | editar a fonte]

Publicacións colectivas[editar | editar a fonte]

  • Unidade didáctica de Cabo Udra: documento educativo centrado nos principais valores deste espazo medioambiental da Rede Natura 2000 (2009). Vigo: Estela D.L. Con Miguel A. Fernández-Martínez e Álvaro Castro Baliña.
  • Mergúllate en Ons!: documento educativo centrado nos principais valores deste espazo natural pertencente ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (2011). Vigo: Estela D.L. 54 páxs. Con Miguel A. Fernández-Martínez.
  • Natureza nos camiños de Pontevedra (2011). Vigo: Estela D.L. 72 páxs. ISBN 978-84-939724-2-4. Con Miguel A. Fernández-Martínez e Esther Gómez Álvarez.
  • Guía de campo da natureza dos camiños de Galicia (2011). Vigo: Estela D.L. 72 páxs. ISBN 978-84-939724-0-0. on Miguel A. Fernández-Martínez.
  • Guía dos nosos bosques (2011). Vigo: Estela D.L. 72 páxs. ISBN 978-84-939724-1-7. Con Álvaro Castro Baliña.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Technologies, BiblioEteca. "ANXO XOAN RAJO PAZO en BiblioEteca". BiblioEteca (en castelán). Consultado o 2021-05-23. 
  2. R. Sotelino, Begoña (2021-05-04). "Xela Arias, para estudantes e máis alá". La Voz de Galicia. Consultado o 2021-05-23. 
  3. "ASOCIACIÓN SOCIEDADE PARA O ESTUDO E CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO NATURAL E ETNOGRAFICO Voluntariado Galego". voluntariadogalego.org. Consultado o 2021-05-23. 
  4. "Recuperación de textos literarios e xornalísticos galegos". www.cirp.es. Consultado o 2021-05-23. 
  5. "La editorial Ir Indo publica una biografía del ourensano Otero Pedrayo con la colaboración de la Diputación". La Voz de Galicia (en castelán). 2009-06-03. Consultado o 2021-05-23. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]