Eberhard August Wilhelm von Zimmermann
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 17 de agosto de 1743 Uelzen |
| Morte | 4 de xullo de 1815 Braunschweig |
| Geheimrat | |
| | |
| Datos persoais | |
| Residencia | Ducado de Brunswick |
| Educación | Universidade de Gotinga Universidade de Leiden Universidade de Halle-Wittenberg |
| Actividade | |
| Ocupación | xeógrafo, físico, matemático, naturalista, profesor universitario, zoólogo, filósofo, biólogo |
| Empregador | Universidade Técnica de Braunschweig |
| Membro de | |
| Obra | |
| Abreviatura do autor en zooloxía | Zimmermann |
| Arquivos en | |
| Familia | |
| Cónxuxe | Anna Elisabeth von Knobloch |
| Fillos | Johann Georg Wilhelm von Zimmermann |
| Pais | Johann Christian Zimmermann |
| Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Allgemeine Deutsche Biographie Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Eberhard August Wilhelm von Zimmermann, nado o 17 de agosto de 1743 en Uelzen,[1] Ducado de Brunswick-Luneburgo e finado o 4 de xullo de 1815 en Brunswick (en alemán: Braunschweig),[1] Ducado de Brunswick, foi un xeógrafo e zoólogo alemán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Eberhard August Wilhelm von Zimmermann estudou desde 1761 a 1765 historia natural (medicina), filosofía, matemáticas e xeografía nas universidades de Leiden, Halle e Gotinga (e quizais tamén na de Berlín con Leonhard Euler). Graduouse en Gotinga en matemáticas (xeometría) cunha tese sobre a análise das curvas titulada Curvarum imbricatarum consideratio analytica.[2]
A partir de 1766 foi profesor de matemáticas, física e historia natural no Collegium Carolinum en Braunschweig.
Zimmermann é famoso por ser o autor de Specimen Zoologiae Geographicae Quadrupedum (1777), unha das primeiras obras dedicadas á distribución xeográfica dos mamíferos.
En 1778 foi nomeado membro da Academia de Ciencias de Gotinga e máis adiante tamén dotras academias, como a Academia de Ciencias de Baviera, en 1808.
En 1796 foi elevado á dignidade de Par do Imperio (do Sacro Imperio Romano-Xermánico).
En 1801 foi relevado dos seus compromisos no ensino, dedicándose a traballar nas sías puiblicacións.
Principais obras
[editar | editar a fonte]- Geographische Geschichte des Menschen und der vierfüßigen Tiere, Leipzig 1778-1783, dous volumes.
- Über die Kompressibilität und Elastizität des Wassers, Leipzig 1779.
- Frankreich und die Freistaaten von Nordamerika, Berlín 1795
- Allgemeine Übersicht Frankreichs von Franz I bis auf Ludwig XVI, Berlin 1800, dous volumes.
- Taschenbuch der Reisen, Leipzig 1802-13, 12 Jahrgänge.
- Die Erde und ihre Bewohner, Leipzig 1810-13, cinco volumes.
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abrteviatura Zimmermann enprégase para recoñecer a Eberhard August Wilhelm von Zimmermann como autoridade na descricíón e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Hoxe no Land da Baixa Saxonia.
- ↑ Zimmermann, Eberhard August Wilhelm, (en alemán)