Carl Jakob Sundevall

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarl Jakob Sundevall

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de outubro de 1801 Editar o valor em Wikidata
Ystad, Suecia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte2 de febreiro de 1875 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Estocolmo, Suecia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuecia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Lund Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoNatureza e zooloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónornitólogo , profesor universitario , aracnólogo (pt) Traducir , zoólogo , entomólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Lund Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua latina e lingua sueca Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaSundevall Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsFredrik Emil Sundevall e Henrik Ludvig Sundevall Editar o valor em Wikidata

Carl Jakob Sundevall, nado na parroquia de Högestad (Ystad, Escania), o 22 de outubro de 1801 e finado en Estocolmo o 2 de febreiro de 1875, foi un médico sueco dedicado á zooloxía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Universidade de Lund, onde obtivo un mestrado en Filosofía (M.Phil.) en 1823. Tras viaxar ao leste de Asia, estudou Medicina acadando o grao de doutor en 1830.

Foi empregado do Museo Sueco de Historia Natural, en Estocolmo, desde 1833, e profesor e conservador da sección de vertebrados desde 1839 a 1871. Escribiu o libro Svenska Foglarna (1856-1887), no que describiu 238 especies de aves observadas en Suecia. Clasificou numerosos paxaros encontrados en África por Johan August Wahlberg.

En 1835 desenvolveu unha filoxenia para as aves baseada nos músculos da cintura pelviana e as patas, que contribuíu ao traballo posterior de Thomas Huxley. Despois seguiu examinando os profundos tendóns proximais das patas das aves. Esta información segue sendo utilizada polos taxónomos dedicados á ornitoloxía.

Sudevall foi tamén un destacado entomólogo e aracnólogo.

En 1862 escribiu unha monografía onde propoñía un alfabeto fonético universal, Om phonetiska bokstäver.

Outras obras[editar | editar a fonte]

  • Lärobok i zoologien, 1835.
  • Handatlas till lärobok i zoologien, 1843.
  • Methodisk öfversigt af idislande djuren, Linnés Pecora, 1844–1845.
  • Conspectus avium picinarum, 1866.
  • Methodi naturalis avium disponendarum tentamen, 1872.

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Sundevall emprégase para recoñecer a Carl Jakob Sundevall como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Anónimo (1875): [Sundevall, C. J.] en Journ. Ornith 23: 214-215.
  • Anónimo (1875): [Sundevall, C. J.] en J. Zool. 4: 61
  • Areschoug, J. E. (1879): Minnesteckning öfver C. J. Sundevall. Estocolmo.
  • Bonnet, P. (1945): Bibliographia Araneorum. Toulouse.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]