Andy da Fonte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAndy da Fonte

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de febreiro de 2003 Editar o valor em Wikidata (21 anos)
A Pobra do Caramiñal, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónPanteísmo
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , cineasta , fotógrafa , intérprete Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía
LinguaLingua galega, lingua inglesa e lingua italiana Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webandydafonte.wordpress.com Editar o valor em Wikidata
Instagram: andydafonte Editar o valor em Wikidata

Andrea San Xurxo Martínez, máis coñecida polo seu pseudónimo Andy da Fonte, nada na Pobra do Caramiñal o 4 de febreiro de 2003, é unha artista, poeta, performer, ilustradora, fotógrafa e cineasta galega[1]. A súa escrita conta cunha notábel riqueza léxica e temáticas de corte intimista.

San Xurxo manifesta un carácter solidario e altruista[2], cun marcado compromiso e ansia activista nas súas redes sociais coa loita de clases[3][4], a liberdade das mulleres e da comunidade LGBT+, polos dereitos dos animais[5] e a defensa da lingua galega[6]. Valores que se reflicten tamén na súa labor humanitaria e antiespecista en voluntariados internacionais.[7]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a escribir dende moi pequena, incluso antes de saber ler, cando a súa irmán lle soletreaba as palabras que ela lle pedía. Gañou o seu primeiro certame literario aos 13 anos[8], mentres cursaba 1º da ESO no IES da Pobra do Caramiñal. A autora prioriza o uso do galego na súa escrita, se ben conta con pezas na lingua cervantina como "Agoniza la muerte"[9], poema co que venceu na súa categoría no XXIV Concurso Nacional de Poesía Joven Juegos Florales del Campo de Cartagena no 2018[10].

Nos seguintes anos continuou acadando numerosos galardóns e desenvolvendo o seu estilo persoal. Entre estes, destaca a súa vitoria por catro anos consecutivos no Certame Escolar de Poesía Rosalía de Castro (edicións IV, V, VI e VII), amosando unha relación de proximidade coa Fundación Rosalía de Castro, e optando a participar no 2019 nas xornadas "Abre a Fiestra" con motivo de celebrar o 134º cabodano da autora do Rexurdimento[11]. Foi aquí onde realizou unha performance poética co tamén poeta Fabián Niño Hernández. Ademais, no I Certame de Poesía Torre de Caldaloba compartiu podio co veterano escritor Xesús Rábade Paredes[12].

Andy da Fonte foi gañadora por tres anos do Concurso de Poesía Asociación Cultural Albariza de Artes (edicións V, VI e VII), o cal lle abriría as portas a publicar o seu primeiro poemario Memorias dunha estrela sen luz (2021)[13], por iniciativa do Concello de Ribeira que financiaría o proxecto[14].

Luz Fandiño e Andy da Fonte na manifestación polo Día das Letras Galegas, na Praza das Praterías, Santiago de Compostela, 17 de maio de 2023.
Luz Fandiño e Andy da Fonte na manifestación polo Día das Letras Galegas, Santiago de Compostela, 2023.

Actualmente, estuda Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela e frecuenta os periódicos recitais e micros abertos celebrados no Modus Vivendi, local nocturno histórico da zona vella compostelá, onde entablou unha profunda amizade coa veterana poeta e activista política Luz Fandiño. La Voz de Galicia presenta a Andy como "o futuro da poesía d'O Barbanza e de Galicia"[1][15]. Mesmo personalidades do ámbito coma Xosé Luís Méndez Ferrín, afirman que Andy da Fonte é unha digna continuadora de Rosalía[16].

Obras[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • 1º Premio, 1ª Categoría Poesía, XIII Certame Literario Concello de Ames no 2016. [17]
  • 1º Accésit, 1º ciclo, IV Certame Escolar de Poesía Rosalía de Castro no 2016. [18]
  • 1º Premio, Categoría B Poesía, I Certame Literario Waldorf Meniñeiros de Poesía e Relato Curto no 2017.
  • 1º Premio, Categoría A Poesía, XXIV Certame Literario de Poesía e Narración breve Cambre no 2017.
  • 1º Accésit, 1º ciclo, V Certame Escolar de Poesía Rosalía de Castro no 2017. [19]
  • 1º Premio, 1ª Categoría, XXIV Concurso Nacional de Poesía Joven Juegos Florales del Campo de Cartagena no 2018. [10]
  • 1º Accésit, 2º ciclo VI Certame Escolar de Poesía Rosalía de Castro no 2018. [20]
  • 3º Premio, Categoría A, XXXIII Certame de Poesía María Soliño no 2018.
  • 1º Premio, 3ª Categoría, V Concurso de Poesía Asociación Cultural Albariza de Artes no 2018.
  • 1º Premio, Categoría menores 18 anos, I Certame de Poesía Torre de Caldaloba no 2018. [21]
  • 1º Premio, Categoría B, XXVI Certame Literario Xoán Díaz de Cambre no 2019. [22]
  • 1º Accésit, 2º ciclo, VII Certame Escolar de Poesía Rosalía de Castro no 2019. [23]
  • 1º Premio, 3ª Categoría, VI Concurso de Poesía Asociación Cultural Albariza de Artes no 2019. [24]
  • 1º Premio, Categoría 2º ciclo da ESO, Modalidade Poesía, XL Certame Terra Chá no 2019. [25]
  • 1º Premio, 3ª Categoría, VII Concurso de Poesía Asociación Cultural Albariza de Artes no 2020.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Andy da Fonte: O futuro da poesía de Barbanza que chega pisando forte desde A Pobra". La Voz de Galicia. 24 de marzo de 2021. Consultado o 09/07/2021. 
  2. "Colaboración de Andy da Fonte con causas benéficas". 
  3. "Historias destacadas de activismo político da autora na rede social Instagram.". www.instagram.com (en inglés). Consultado o 2022-12-30. 
  4. "Artigos de opinión na páxina persoal de Andy". Páxina persoal de Andy da Fonte. Consultado o 19/05/2023. 
  5. "Artigo en defensa do dereito dos animais.". Blogue de Andy da Fonte. Consultado o 15/03/2021. Eles tamén laian 
  6. "Publicacións de Instagram da autora en clara defensa da lingua galega.". www.instagram.com (en inglés). Consultado o 2022-12-30. 
  7. "Perfil de Andy da Fonte nunha plataforma de voluntariado internacional". WorldPackers. Consultado o 02-01-23. 
  8. "XIII Certame Literario Concello de Ames". Blogue Andy da Fonte. Consultado o 12/03/2021. O meu primeiro premio literario e o texto que resultou ganador 
  9. "Poema "Agoniza la muerte"". Blogue de Andy da Fonte. Consultado o 12/03/2021. 
  10. 10,0 10,1 "GANADOR DEL XLV JUEGOS FLORALES DEL CAMPO DE CARTAGENA". 
  11. "Abride a Fiestra 2019". Arquivado dende o orixinal o 19/03/2021. Consultado o 14/03/2021. 
  12. "Xesús Rábade Paredes gaña o primeiro premio Caldaloba". La Voz de Galicia. Consultado o 09/07/2021. 
  13. "Andrea San Xurxo publica o seu primeiro libro con só 17 anos". El Correo Gallego. Consultado o 16/03/2021. 
  14. "Poemario en galego e feminista". El Correo Gallego. Consultado o 16/03/2021. Foi o propio alcalde deste municipio, Manuel Ruiz Rivas, quen a animou a presentar un poemario. 
  15. "Barbantia presenta a Andy da Fonte como o futuro da poesía de Barbanza e de Galicia". La Voz de Galicia. 27 de xuño de 2021. Consultado o 09/07/2021. 
  16. "IV e V Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro❤️". Blogue de Andy da Fonte. Consultado o 14/03/2021. No acto do 15 de xullo do 2016 tiven a sorte de contar coa compañía do importante persoeiro Xosé Luís Méndez Ferrín que me adicou as belas palabras que podedes ver máis arriba. 
  17. "XIII CERTAME LITERARIO. Concello de Ames". 
  18. "Gañadores do IV Concurso Escolar de Poesía". Consultado o 11/03/2021. 
  19. "Gañadores do V Concurso Escolar de Poesía". Consultado o 11/03/2021. 
  20. "Gañadores do VI Concurso de Poesía". Consultado o 11/03/2021. 
  21. "Andrea Sanjurjo premiada no I Concurso de Poesía Torre de Caldaloba de Cospeito" (PDF). El Progreso. 2 de decembro de 2018. p. 21. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de marzo de 2021. Consultado o 11/03/2021. 
  22. "PREMIO XXVI CERTAME LITERARIO XOÁN DÍAZ". Consultado o 11/03/2021. 
  23. "Tres gañadoras do VII Concurso Escolar de Poesía". Consultado o 11/03/2021. 
  24. "VI CERTAME DE POESÍA ASOCIACIÓN CULTURAL ALBARIZA DE ARTES". Consultado o 11/03/2021. 
  25. "FALLO DO XL CERTAME TERRA CHÁ" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19/03/2021. Consultado o 11/03/2021. POESÍA, SECUNDARIA, 2º CICLO: Andrea Sanjurjo Martínez 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]