Altia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Altia
TipoSociedade anónima
Fundación17 de marzo de 1994
LocalizaciónAvenida da Pasaxe, 32
15009 A Coruña Galicia
FundadorTino Fernández
Álvaro Sánchez Silvela
Amadeo Fdez. Sánchez [1]
Persoas claveTino Fernández (Presidente executivo)
IndustriaTIC
ProdutosServizos de consultoría
Beneficio neto7.200.000 (ano 2016)[2]
Número de empregados+700 (ano 2015)
Páxina webwww.altia.es

Altia Consultores S. A. é unha empresa constituída o 17 de marzo de 1994 con sede na cidade da Coruña[3]. Dedícase á prestación de servizos de consultoría no eido das TIC. O seu presidente executivo é Constantino Fernández Pico, coñecido por presidir tamén o consello de administración do R. C. Deportivo da Coruña desde 2014.

Descrición[editar | editar a fonte]

Altia foi impulsada por Tino Fernández en 1994, e a súa primeira sede estivo na Coruña. Conta con delegacións en: Oleiros, Vigo, Vitoria-Gasteiz, Milladoiro, Madrid, Valladolid, Alacante e Toledo, ademais dun centro de desenvolvemento tecnolóxico no Campus de Elviña e un centro de datos no Campus das Lagoas-Marcosende.

Entre os seus clientes figuran ou figuraron empresas como Abanca, Coren, Augas de Galicia, Banco Pastor, Banesto, BBK, Bricoking, Cafés Candelas, Caramelo, Citröen, Codere, CRTVG, Emalcsa, Estrella Galicia, FORTA, Inditex, Megasa, Navantia, R, Renault, Roberto Verino, Telefónica, Turgalicia ou Vodafone así como distintas administracións públicas tanto a nivel local, autonómico como estatal ademais de entidades e organismos dependentes destas.[4]

En 2010 Altia empezou a cotizar no Mercado Alternativo Bolsista da Bolsa de Madrid.

En 2014 entrou no seu accionariado o multimillonario investidor indio Ram Bahvani.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. https://www.altia.es/sgc/export/sites/default/galerias/documentos/inversoresAccionistas/ALTIA_Documento_MAB.pdf Arquivado 23 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine. DOCUMENTO INFORMATIVO DE INCORPORACIÓN AL MERCADO ALTERNATIVO BURSÁTIL, SEGMENTO PARA EMPRESAS EN EXPANSIÓN (MAB-EE) DE LAS ACCIONES DE ALTIA CONSULTORES, S.A.
  2. "Altia alcanza un beneficio récord de 7,2 millones tras aumentar su negocio un 21%". La Voz de Galicia. 
  3. "DOCUMENTO INFORMATIVO DE INCORPORACIÓN AL MERCADO ALTERNATIVO BURSÁTIL, SEGMENTO PARA EMPRESAS EN EXPANSIÓN (MAB-EE) DE LAS ACCIONES DE ALTIA CONSULTORES, S.A." (PDF). Altia Consultores S. A. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de xaneiro de 2014. Consultado o 2017-0516. 
  4. "Dossier corporativo 2015" (PDF). www.altia.es. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de setembro de 2016. 
  5. "Altia sube un 10% en Bolsa tras comprar un 1% el millonario indio Ram Bhavnani". La Opinión de A Coruña. Consultado o 12/5/2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]