Bricoking tivo a súa orixe na Coruña en 1994 cando se iniciou o proxecto de establecementos con dúas pequenas ferreterías de barrio.
O negocio evolucionou no sector coa experiencia e a empresa apostou por un centro de maiores dimensións adicado en exclusiva ao bricolaxe, a decoración e o xardín. Tomando como base a bricolaxe noutros países europeos adaptado ao mercado español.
A sede de Bricoking está dende o 2005 no edificio Utande de Bergondo, construído no ano 1974 e dende entón abandonado. O edificio de formigón e cristal ía ser a sede dunha empresa de novas tecnoloxías que crebou[1]. En 2013 o grupo belga Hubo deixou a empresa en mans do fundador[2] .
A finais de 2016 Bricoking declarábase en suspensión de pagos cunha débeda de 24,3 millóns de euros, superior ao seu patrimonio.[3]