Aligatóridos
Aligatóridos Rango fósil: Cretáceo - Holoceno[1] (desde hai 83 millóns de anos) | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Alligator mississippiensis | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Subfamilias | |||||||||||
Os aligatóridos (Alligatoridae) son unha familia de réptiles crocodilianos na que están incluídos os aligátores e os caimáns, que pertencen a subfamilias distintas. En total hai oito especies vivas.
Aligátores
[editar | editar a fonte]Os aligátores clasifícanse na subfamilia Alligatorinae. Os antepasados desta liñaxe aparecen xa fósiles en depósitos fluviais do Cretáceo en Europa, onde non se extinguiron ata o Plioceno. Os aligátores están hoxe representados por dúas especies, unha norteamericana, Alligator mississippiensis, que vive no sur dos Estados Unidos e pode crecer ata os 4,6 m e pesar 453 kg,[2] e a pequena especie asiática do río Yangtzé da China Alligator sinensis, que medra como media ata os 1,5 m. O nome destes animais deriva dunha deformación das palabras castelás el lagarto (o lagarto).
Caimáns
[editar | editar a fonte]Son os aligatóridos da subfamilia Caimaninae. Viven en América Central e do do Sur. Hai seis especies de caimáns. Difiren dos aligátores na ausencia dun septo óseo entre as aberturas nasais, e ter unha armadura ventral composta de escudos óseos solapados, cada un dos cales está formado por dúas partes unidas por unha sutura. Hai tres especies no xénero Caiman (C. crocodilus, C. yacare e C. latirostris), hai dúas especies de caimáns ananos do xénero Paleosuchus (P. trigonus e P. palpebrosus), e unha especie do xénero Melanosuchus, o M. niger. Os caimáns adoitan ser máis áxiles e máis parecidos aos crocodilos nos seus movementos, e teñen dentes máis longos e afiados que os aligátores.[3]
Caiman crocodilus é o que ten a área de distribución máis grande, desde o sr de México á metade norte da Arxentina, e adoita crecer ata un modesto tamaño duns 2,2 m. O de maior tamaño e actualmente ameazado é Melanosuchus niger da cunca do río Amazonas, que medra ata algo máis dos 5 m. Esta especie, xunto co aligátor do Mississipi son os únicos membros da familia dos aligatóridos que supoñen para os humanos un perigo similar ao que representa a familia dos crocodilos.
Aínda que os caimáns non foron estudados en profundidade, coñécense os seus ciclos reprodutivos (que previamente se cría que eran espontáneos ou anuais) que están ligados aos ciclos de chuvias e os niveis de auga nos ríos, o que incrementa as posibilidades de sobrevivir das crías.
Diferenzas cos crocodilos
[editar | editar a fonte]Os aligátores diferéncianse dos crocodílidos principalmente por teren cabezas máis curtas e anchas, con morros máis obtusos; así como porque o cuarto dente máis grande da mandíbula inferior encaixa nunha fosa especial para el dentro da mandíbula superior, en vez de nunha amosega externa da boca; en que carecen de flecos aserrados que aparecen nas patas traseiras e pés dos crocodilos; en ter as dedas dos pés traseiros palmados pola presenza dunha membrana que non chega a máis da metade dos extremos dos dedos; e unha intolerancia á salinidade, xa que os aligatóridos prefiren claramente as augas doces, mentres que os crocodilos poden tolerar a auga salgada debido a unhas glándulas especializadas para filtrar e expulsar o sal. En xeral, os crocodilos adoitan ser máis perigosos para os humanos que os aligatóridos. Outra característica descuberta recentemente é que tanto os caimáns coma os aligátores americanos comen algo de follaxe e froitas ademais da súa dieta normal de peixe e carne.[4]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Existen 8 especies de aligatóridos vivas, clasificadas en 4 xéneros.
- Superfamilia Alligatoroidea
- Familia Alligatoridae
- Subfamilia Alligatorinae (aligátores)
- Xénero Albertochampsa (extinguido)
- Xénero Chrysochampsa (extinguido)
- Xénero Hassiacosuchus (extinguido)
- Xénero Navajosuchus (extinguido)
- Xénero Ceratosuchus (extinguido)
- Xénero Allognathosuchus (extinguido)
- Xénero Hispanochampsa (extinguido)
- Xénero Arambourgia (extinguido)
- Xénero Procaimanoidea (extinguido)
- Genus Wannaganosuchus (extinguido)
- Xénero Krabisuchus (extinguido)
- Xénero Eoalligator (extinguido)
- Xénero Alligator
- Alligator prenasalis (extinguido)
- Alligator mcgrewi (extinguido)
- Alligator olseni (extinguido)
- Alligator sinensis
- Alligator mefferdi (extinguido)
- Alligator mississippiensis
- Subfamilia Caimaninae (caimáns)
- Xénero Necrosuchus (extinguido)
- Xénero Eocaiman (extinguido)
- Xénero Paleosuchus
- Xénero Purussaurus (extinguido)
- Xénero Mourasuchus (extinguido)
- Xénero Orthogenysuchus (extinguido)
- Xénero Caiman
- Caiman yacare
- Caiman crocodilus
- C. c. apaporiensis
- C. c. fuscus
- Caiman lutescans (extinguido)
- Caiman latirostris
- Xénero Melanosuchus
- Melanosuchus fisheri (extinguido)
- Melanosuchus niger
- Subfamilia Alligatorinae (aligátores)
- Familia Alligatoridae
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Family Alligatoridae (Alligators and Caiman) Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. University of Bristol. Cita:"Os Alligatoridae aparecen no Cretáceo Superior, mentres que o xénero Alligator aparece por primeira vez no Oligoceno".
- ↑ "American alligator" Arquivado 21 de maio de 2011 en Wayback Machine.. animals.nationalgeographic.com. National Geographic Society.
- ↑ Guggisberg, C.A.W. (1972). Crocodiles: Their Natural History, Folklore, and Conservation. p. 195. ISBN 0-7153-5272-5.
- ↑ Naish, Darren (3 de outubro de 2008). "Tetrapod Zoology: Alligators eat fruit". scienceblogs.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2008. Consultado o 17 de xullo de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Aligatóridos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Aligatóridos |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Crocodilians: Natural History & Conservation" Arquivado 08 de xullo de 2011 en Wayback Machine. crocodilian.com
- "Family Alligatoridae Gray 1844 (alligator)" Arquivado 27 de xullo de 2021 en Wayback Machine., fossilworks.org.