Aligatorinos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Alligatorinae")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alligatorinae
Rango fósil: Paleoceno-Holoceno,[1]
(desde hai 60 millóns de anos)
Aligátor do Mississipi (arriba) e da China (abaixo)
Aligátor do Mississipi (arriba) e da China (abaixo)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Clase: Reptilia
Orde: Crocodilia
Familia: Alligatoridae
Subfamilia: Alligatorinae
Gray, 1844
Xéneros

1 existente e 9 fósiles. Ver texto.

Os aligatorinos (Alligatorinae) son unha das dúas subfamilias da familia Alligatoridae ( a outra é a familia dos caimáns, Caimaninae). Coñécense dez xéneros de aligatorinos, pero todos son fósiles menos un, Alligator. As dúas especies existentes desta subfamilia son Alligator mississippiensis, o aligátor do Mississippi, e Alligator sinensis, o aligátor da China.

Diferenzas cos caimáns[editar | editar a fonte]

Os aligátores distínguense dos caimáns polas seguintes características:

  • Os aligátores teñen un septo óseo entre os orificios nasais, ausente nos caimáns.
  • Os caimáns teñen unha armadura ventral composta por escudos óseos solapados formados por dúas partes unidas por unha sutura, que non teñen os aligátores.
  • Os caimáns teñen dentes relativamente máis longos e máis delgados que os dos aligátores.
  • A pel dos caimáns é, en xeral, máis basta e menos flexible que a dos aligátores e crocodilos.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]