Rosa Conde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRosa Conde

(1989) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Rosa Conde Gutiérrez del Álamo Editar o valor em Wikidata
7 de setembro de 1947 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Ronda, España Editar o valor em Wikidata
Deputada de España
24 de marzo de 2000 – 20 de xaneiro de 2004

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Deputada de España
26 de marzo de 1996 – 18 de xaneiro de 2000

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Deputada de España
16 de xuño de 1993 – 9 de xaneiro de 1996

Circunscrición electoral: Jaén (en) Traducir

Deputada de España
15 de novembro de 1989 – 13 de abril de 1993

Circunscrición electoral: Jaén (en) Traducir

Voceiro do Goberno de España
12 de xullo de 1988 – 12 de xullo de 1993
← Javier SolanaAlfredo Pérez Rubalcaba → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid - bachelors degree in political science (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica , socióloga Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 296898

Rosa Conde Gutiérrez del Álamo, nada en Ronda (Málaga) o 7 de setembro de 1947, é unha socióloga e política española. En 1987-88 foi directora do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS). En 1988 foi nomeada ministra portavoz do Goberno converténdose nunha das dúas mulleres (xunto a Matilde Fernández) en formar parte dun executivo socialista tras seis anos de gobernos de Felipe González en que todos os ministros foron homes.[1] Foi deputada no Congreso de 1989 a 2004 e posteriormente e ata 2012 directora da Fundación Carolina.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Conde naceu en Ronda (Málaga) e pasou a súa nenez e adolescencia en Xaén.[2]

Licenciouse en Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid en 1971 e de 1971 a 1984 foi profesora de Estrutura Social Contemporánea e Socioloxía da Familia na Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía de Madrid.[1]

Na administración pública ingresou no corpo especial de Economistas da AISS prestando servizo en distintos departamentos do Ministerio de Traballo e do Ministerio da Presidencia (1971-1983).[3]

En 1978 incorporouse ao gabinete de estudos sociolóxicos da secretaría xeral técnica do Ministerio de Traballo.

Especialista en temas electorais, en 1980 comezou a traballar no Centro de Investigacións Sociolóxicas como asesora do gabinete técnico. En 1983 foi nomeada xefa do gabinete e o 11 de marzo de 1987 asumiu a dirección sucedendo no cargo a Julián Santamaría e converténdose na primeira muller á fronte do CIS.[4]

Traxectoria institucional e política[editar | editar a fonte]

O 12 de xullo de 1988 Felipe González chamouna para que asumise o cargo de Ministra Portavoz do Goberno na III Lexislatura. Ela e Matilde Fernández foron as dúas primeiras mulleres en pertencer a un goberno socialista de España. Era o cuarto goberno, un avance ante a ausencia de mulleres nos tres gobernos de Felipe González previos, mais lonxe da cota do 25 por cento que acababa de aprobar o XXXI Congreso en xaneiro de 1988.[5] Cando asumiu o ministerio, Conde non estaba afiliada ao PSOE aínda que a súa vida de estudante e profesional estaba ligada á esquerda. Afiliouse en 1990.[2]

No libro Yo fui ministra Conde explicou que o seu valedor para o cargo foi o entón vicepresidente Alfonso Guerra.[2] Co tempo converteuse nunha das colaboradoras máis estreitas do Presidente Felipe González.

En xullo de 1993 abandonou o goberno e ata 1996 ocupou a Secretaría Xeral da Presidencia do Goberno.

Foi elixida deputada nas listas do PSOE por Xaén nas lexislaturas IV e V e por Madrid nas lexislaturas VI e VII (1989-2004).[3]

Na súa actividade privada foi directora xeral de Noxa Consulting (2001-2004),[2] empresa especializada na realización de estudos de opinión e sondaxes electorais e membro do Advisory Board de Accenture.[3]

De 2004 ata marzo de 2012 asumiu a dirección da Fundación Carolina, unha organización financiada con diñeiro público e entidades privadas, dedicada á promoción de relacións culturais e cooperación en materia educativa e científica entre España e Iberoamérica.[2]

Debate sobre as cotas[editar | editar a fonte]

O feito de que Rosa Conde fose unha das dúas primeiras mulleres que formaron parte dun goberno socialista situouna de cheo no debate que algunhas feministas do PSOE forzaron no interior do partido sobre a ausencia de mulleres nos espazos de representación política e nas institucións. Naquel momento Conde situouse en contra das cotas publicamente fronte a Matilde Fernández, que tamén se incorporou ao gabinete de González, unha das promotoras da campaña feminista interna do PSOE que logrou que en 1990 o 32 Congreso Federal do PSOE non só aprobase a creación dunha cota de participación forzosa dun 25% de mulleres nos cargos orgánicos e institucionais, senón que se crease tamén unha secretaría da área da muller.[6]

Anos máis tarde, con todo, Rosa Conde rectificou a súa posición e participou en numerosos actos defendendo publicamente a cota.[7]

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • Iberoamérica en la hora de la igualdad (2010). Rosa Conde, Isabel Martínez, Amelia Valcárcel (eds.)[8]
  • El momento político de América Latina (2011). Enrique V. Iglesias, Rosa Conde e Gustavo Suárez Pertierra (eds)
  • Cambio político, desafección y elecciones en América Latina (2015) Rosa Conde e Isabel Wences (eds.) ISBN 978-84-259-1682-3. Centro de Estudios Políticos y Constitucionales.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Dos mujeres, por primera vez en el Gobierno socialista". EL PAÍS (en castelán). 8 de xullo de 1988. Consultado o 22 de marzo de 2016. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Yo fui ministra (en castelán). Plaza & Janés. 1 de xaneiro de 2008. ISBN 9788401305535. Consultado o 22 de marzo de 2016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Rosa Conde Gutiérrez del Álamo - Alianza por la Solidaridad". Alianza por la Solidaridad (en castelán). Consultado o 22 de marzo de 2016. 
  4. Felis, Clara (8 de marzo de 2015). "Y nos hicimos visibles". ELMUNDO. Consultado o 22 de marzo de 2016. 
  5. Lafuente, Isaías (22 de febreiro de 2012). Agrupémonos todas: La lucha de las españolas por la igualdad (en castelán). Penguin Random House Grupo Editorial España. ISBN 9788403011892. Consultado o 22 de marzo de 2016. 
  6. Jaén, Esher (19 de xuño de 2000). "Matilde Fernández: la cara más amable de la tradición guerrista" (en castelán). El siglo de Europa. Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2016. Consultado o 22 de marzo de 2016. 
  7. León, María Antonia García de (1 de xaneiro de 1994). Élites discriminadas: sobre el poder de las mujeres (en castelán). Anthropos Editorial. ISBN 9788476584521. Consultado o 22 de marzo de 2016. 
  8. Conde, Rosa; Martínez, Isabel; Valcárcel, Amelia. "Iberoamérica en la hora de la igualdad". www.oei.es. Consultado o 23 de marzo de 2016. 
  9. "El momento político de América Latina". www.realinstitutoelcano.org. Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2016. Consultado o 23 de marzo de 2016.