José Antonio Alonso Suárez
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2014.) |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 28 de marzo de 1960 León, España |
| Morte | 2 de febreiro de 2017 Madrid, España |
| Causa da morte | cancro de pulmón |
Representa: España 9 de marzo de 2012 – 20 de xaneiro de 2013 | |
| 1 de decembro de 2011 – 21 de decembro de 2012 – María Luisa González Santín → Lexislatura: X lexislatura de España Circunscrición electoral: León (en) Electo en: Eleccións Xerais 2011 en España | |
| 28 de marzo de 2008 – 13 de decembro de 2011 Lexislatura: IX lexislatura de España Circunscrición electoral: León (en) Electo en: Eleccións Xerais 2008 en España | |
| 11 de abril de 2006 – 2008 ← José Bono – Carme Chacón → | |
| 18 de abril de 2004 – 11 de abril de 2006 ← Ángel Acebes – Alfredo Pérez Rubalcaba → | |
| 25 de marzo de 2004 – 15 de xaneiro de 2008 Lexislatura: VIII lexislatura de España Circunscrición electoral: León (en) Electo en: eleccións xerais de España de 2004 | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade de León |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Madrid |
| Ocupación | político, xuíz, xurista, avogado |
| Partido político | Partido Socialista Obreiro Español |
| Premios | |
| |
José Antonio Alonso Suárez, nado en León o 28 de marzo de 1960 e finado en Madrid o 2 de febreiro de 2017, foi un político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Amigo da infancia de José Luis Rodríguez Zapatero, con quen compartiu estudos básicos e superiores, estudou a carreira de Dereito na Universidade de León, e converteuse en xuíz en 1985, á temperá idade de 25 anos. En 1989, Alonso foi nomeado xuíz penal en Madrid, e pouco despois, maxistrado da Audiencia Nacional. Entre 1994 e 1998, foi o voceiro de Xuíces para a Democracia, e ten sona de ser un dos máis progresistas. Aínda así, tamén se recoñece que a súa profesionalidade sempre lle permitiu deixar a un lado as súas tendencias políticas ó tomar decisións xudiciais.
Antes das eleccións xerais de 2004, Zapatero, daquela líder do PSOE na oposición, instoulle a optar a un escano no Congreso, que finalmente gañou. Porén, Alonso, malia a ter un escano e ser nomeado Ministro do Interior e logo de Defensa, aínda non ten o carné de membro do Partido Socialista por incompatibilidade coa carreira xudicial.
Casado e cun fillo, Alonso participou en numerosos cursos universitarios e conferencias relacionadas coa linguaxe, a economía, as leis e a historia españolas. De feito, gústalle a filosofía e escribiu varios ensaios políticos.
En abril de 2006, a dimisión de José Bono como Ministro de Defensa levou aparellado o seu nomeamento para o cargo, deixando a carteira de Interior a Alfredo Pérez Rubalcaba. Co inicio da segunda lexislatura de Zapatero, Alonso abandonou o ministerio e fíxose cargo do posto de voceiro do grupo parlamentario socialista.
| Predecesor: Ángel Acebes |
Ministro do Interior 2004 - 2006 |
Sucesor: Alfredo Pérez Rubalcaba |
| Predecesor: José Bono |
Ministro de Defensa 2006 - 2008 |
Sucesor: Carme Chacón |
| Predecesor: Diego López Garrido |
Voceiro do PSOE no Congreso 2008 - 2012 |
Sucesor: Soraya Rodríguez |