Zoological Society of London

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Zoological Society of London (ZSL), Edificio principal
Zoological Society of London (ZSL), Entrada ao Esificio principal
Órice de Arabia

A Zoological Society of London (ZSL), Sociedade Zoolóxica de Londres, é unha sociedade académica fundada en abril de 1826 por Sir Thomas Stamford Raffles (1781-1826), George Eden (1784-1849, primer Conde de Auckland (Lord Auckland), Sir Humphry Davy (1778-1829), Joseph Sabine (1770-1837), Nicholas Aylward Vigors (1785-1840) e outros eminentes naturalistas. Raffles foi tamén o seu primeiro Presidente, pero faleceu pronto tras asumir este cargo en xullo de 1826.

Sucedeuno o terceiro Marqués de Lansdowne, Henry Petty-Fitzmaurice (1780-1863), quen conseguiu un solar de en Regent's Park da Coroa cun aluguer simbólico e supervisou a construción das primeiras instalacións para os animais. Obtivo o Estatuto Real de Xurxo IV do Reino Unido o 27 de marzo de 1829.

O obecto da sociedade era estudar os animais nunha relativa liberdade. En abril de 1828 os Xardíns Zoolóxicos foron abertos aos membros da sociedade. En 1831 Guillerme IV do Reino Unido entregou a Real colección de animais á Zoological Society e, en 1847 foi admitido o acceso do público para axudar ao financiamento; os londinenses de contado bautizaron os Xardíns Zoolóxicos como o "Zoo". Este Zoo pronto tivo a máis ampla colección de animais do mundo.

Cando comeza o século XX quedou clara a necesidade de manter e investigar aos grandes animais nun ambiente máis natural. Sir Peter Chalmers Mitchell (Secretario da ZSL de 1903 a 1935) tivo a visión de crear un novo Parque a non máis de 70 millas (113 km) de Londres, accesíbel ao público, e con polo menos 200 acres (80 ha) de extensión.

En 1926, beneficiándose da depresión na agricultura, encontrou o lugar ideal: a Granxa Hall, próxima á vila de Whipsnade, que estaba en ruínas e tiñaa case 600 acres (2,4 km² = 240 ha) nos outeiros de Chiltern. A ZSL comprou a granxa en decembro de 1926 por 13 480 libras e 12 xilís e 10 peniques.

En 1928 chegaron os primeiros animais ao novo Parque de Animais Salvaxes Whipsnade (Whipsnade Wild Animal Park): dous faisáns de Amherst, un faisán dourado e cinco galos de xungla vermellos. Pronto seguiron outros, incluíendo el cervo muntjac, as llamas, os uombats e as mofetas. En 1931 o Whipsnade Wild Animal Park fue abierto al público como el primer parque zoológico libre del mundo.

En 1960-61, Solly Zuckerman (1904-1993), Barón de Zuckerman (Lord Zuckerman), daquela Secretario da ZSL, reuniu fondos procedentes de dúas fundacións médicas para construír uns laboratorios a modo dun instituto de zooloxía, o Institute of Zoology, no que foron contratados científicos poa ZSL para que desenvolveran as súas investigacións.

En 1962, 'Caroline', unha órice de Arabia (Oryx leucoryx), foi prestada a un rabaño en Phoenix, Arizona. Isto iniciou o primeiro programa internacional cooperativo de cría.

A ZSL é unha entidade benéfica internacional nas áreas de educación, conservación e ciencia. Desenvolve o seu maior papel na conservación dos animais e os seus hábitats. A ZSL dirixe o Zoo de Londres e o Parque de Animais Salvaxes Whipsnade, leva a cabo investigacións científicas no Institute of Zoology e está activamente involucrada no campo da conservación noutros países do mundo. Así mesmo publica o Journal of Zoology desde 1830.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]