William Newton (político)
William Newton, nado contra 1783 e finado o 4 de novembro de 1862 foi un político inglés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]William Newton era fillo de Samuel (ou James) Newton, un acomodado propietario dono dunha plantación de azucre no Caribe en Saint Kitts, e unha propiedade en Santa Cruz.[1][2]
Nacera en Stowey, Somerset, e educouse en Eton e no Pembroke College, da Universidade de Oxford. Instalouse en Suffolk en 1813, despois de que o seu pai comprara Elveden Hall, cerca de Thetford ao 4º Conde de Albemarle.[3]
Foi elixido membro do Parlamento do Reino Unido pola circunscrición de Ipswich, desde 1818 até 1820.[3]
Casou o 13 de decembro de 1811 en Ferry Fryston, Yorkshire. A súa esposa Elizabeth (ou Eliza) era a filla de Richard Slater Milnes, deputado do distrito de York. William e Eliza tiveron dez fillos; o seu quinto fillo, Alfred Newton, chegou a ser un famoso ornitólogo, e o sexto, Edward Newton, un administrador colonial, e tamén ornitólogo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Wollaston 1921, p. 1.
- ↑ Evans, David E. "Newton, Alfred (1829–1907)". Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press.
- ↑ 3,0 3,1 History of Parliament. Newton, William (1783?-1862) de Elveden, Suffolk.