Premio Realia de Tradución Literaria
| Premio Realia de Tradución Literaria | |
|---|---|
|
Instancia de
| |
| Datas e cronoloxía | |
|
Fundación
| |
| Características | |
|
Concedido por
| |
|
Lingua
| |
| Implicados | |
|
Gañador/a
2025: Rafa Vilar (5 edición)
2023: premio deserto (4 edición) 2021: Alfonso Blanco Quintela (3 edición) 2019: premio deserto (2 edición) 2017: Antía Veres (1 edición) | |
| Localización | |
|
País
| |
| Wikidata |

O premio Realia de Tradución Literaria é un galardón literario organizado pola Editorial Hugin e Munin en colaboración co Concello de Santiago de Compostela.
Historia e características
[editar | editar a fonte]A primeira edición do premio celebrouse en 2017. Ten por obxecto distinguir unha obra narrativa traducida ao galego dende calquera lingua estranxeira e fomentar e visibilizar o traballo dos profesionais da tradución[1]. Ten carácter bienal e está remunerado: inicialmente con 1.200 € e, dende 2021, con 1.500 €. Outra das características do premio era que, pasado un ano dende a publicación en papel da obra, esta se publicaba de balde na Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego, a biblioteca virtual que xestionou a Asociación de Tradutores Galegos até a desaparición da asociación en 2021.[2]
Edicións
[editar | editar a fonte]| Ano | Persoa gañadora | Obra |
|---|---|---|
| 2017 (I edición) | Antía Veres[3] | Detrás da máscara de Louisa May Alcott |
| 2019 (II edición) | Deserto[4] | |
| 2021 (III edición) | Alfonso Blanco Quintela[5] | As consecuencias da vella historia de Georgios Viziinos |
| 2023 (IV edición) | Deserto[6] | |
| 2025 (V edición) | Rafa Vilar | A tolemia, de Narcís Oller |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Premio Realia para incentivar a tradución ao galego". Biosbardia. 11 de outubro de 2016.
- ↑ Bases do premio Arquivado 27 de setembro de 2018 en Wayback Machine..
- ↑ nova en Culturagalega.org o 20 de maio de 2017.
- ↑ Acta do xurado Arquivado 30 de abril de 2019 en Wayback Machine. na II edición (pdf).
- ↑ O carballés Alfonso Blanco gaña o IIIº Premio Realia de Tradución Literaria, Culturagalega.gal, 27 de setembro de 2021.
- ↑ "Resolto o IV Premio Realia de Tradución". Hugin e Munin. 14 de agosto de 2023.