Saltar ao contido

Valentina Martínez Ferro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaValentina Martínez Ferro

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de xuño de 1976 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Deputada de España
Representa: Partido Popular

3 de decembro de 2019 –

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Deputada de España
9 de maio de 2019 –

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Deputada de España
19 de xuño de 2018 – 21 de maio de 2019
← Mariano Rajoy

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid
Substituto na Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa
Representa: España

26 de xaneiro de 2015 – abril de 2019
Deputada de España
13 de outubro de 2014 – 27 de outubro de 2015
← Alberto Ruiz-Gallardón

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela - Licentiate in Political and Administration Science (en) Traducir
Universidade Católica de Louvain - Mestrado
Instituto de Estudos Políticos de París - Diploma Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoRelacións internacionais Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítica, asesora política Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata

Twitter: valentinam Editar o valor en Wikidata

María Valentina Martínez Ferro, nada en Santiago de Compostela o 21 de xuño de 1976, é unha política galega do Partido Popular, deputada no Congreso dos Deputados.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciouse en ciencias políticas e da administración na Universidade de Santiago de Compostela e realizou un mestrado en estudos europeos na Universidade Católica de Lovaina[1]. Especializada en relacións internacionais, formou parte da Secretaría de Relacións Internacionais do Partido Popular de 2002 a 2012[2][3].

Foi de número 28 da lista do PP para as eleccións ao Congreso dos Deputados de 2011 pola circunscrición de Madrid[4] sen saír elixida, e no ano seguinte asumiu o posto de directora de gabinete de Jorge Moragas, director pola súa banda do gabinete do presidente do Goberno, Mariano Rajoy[5]. Tras a renuncia de Alberto Ruiz-Gallardón en 2014, tomou posesión como deputada e nesa lexislatura exerceu de voceira adxunta na Comisión de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento e como vogal na Comisión de Asuntos Exteriores e mais na de Orzamentos[6][7].

Nas eleccións ao Congreso de 2016 foi de número 17 por Madrid sen entrar na cámara nun primeiro momento. Secasí, tomou posesión como deputada da XII lexislatura o 19 de xuño de 2018 ao substituír a Mariano Rajoy despois da súa renuncia[6].

Nas eleccións xerais de abril de 2019 ocupou o terceiro posto na lista do PP pola provincia da Coruña, e logrou entrar na cámara baixa[8]. En xullo de 2019 integrouse como vogal nas comisións de Asuntos Exteriores, Transición Ecolóxica, Cooperación Internacional para o Desenvolvemento e na Comisión Mixta Congreso-Senado para a Unión Europea.[9]. Dende 2019 é secretaria de relacións internacionais do PP[10]. Nas eleccións xerais de novembro recuncou na lista do partido pola Coruña e mantivo o seu escano.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]