Cristina Cifuentes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cristina Cifuentes
Consejo de Gobierno de la Comunidad de Madrid, 19 de septiembre de 2017b (37323463335) (cropped).jpg
Nome completoMaría Cristina Cifuentes Cuencas
Nacemento1 de xullo de 1964
 Madrid, España España
NacionalidadeEspañola
RelixiónAgnosticismo
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid e Instituto Universitario de Investigación Ortega y Gasset
Ocupaciónfuncionaria pública, política e avogada
CónxuxeFrancisco Javier Aguilar Viyuela
Firma de Cristina Cifuentes.svg
editar datos en Wikidata ]

María Cristina Cifuentes Cuencas, nada en Madrid o 1 de xullo de 1964, é unha política española do Partido Popular. Desde o 25 de xuño de 2015 é presidenta da Comunidade de Madrid. O 25 de abril de 2018 dimite, despois da polémica polo seu Máster e a aparición dun video roubando nun supermercado.[1]

Ocupou o cargo de Delegada do Goberno de España en Madrid desde xaneiro do 2012 ata abril de 2015, cando cesou para presentar a súa candidatura para as eleccións autonómicas de 2015.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É licenciada en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid e máster en Administración Pública e Dirección de Empresas. Así mesmo, ten un máster en Dereito Autonómico pola Universidade Rey Juan Carlos (URJC) de Madrid.[3] É funcionaria do Corpo Técnico Superior desta Universidade, posto co que compatibiliza a súa actividade política.

Carreira política[editar | editar a fonte]

Naceu en Madrid nunha familia con 8 irmáns, filla dun xeneral de artillería e dunha ama de casa. Cifuentes comezou a súa carreira política na partido Alianza Popular, a cuxas Novas Xeracións afiliouse en 1980 con dezaseis anos. AP posteriormente foi refundada e tomou a denominación de Partido Popular. Presentouse no posto 57 da candidatura presentada por Alianza Popular ás Eleccións de Deputados ao Parlamento Europeo convocadas en 1987 e celebradas en 1989.

É membro do Comité de Dirección, do Comité Executivo e da Xunta Directiva Rexional do PP de Madrid e presidenta do Comité de Dereitos e Garantías. Entre 2004 e 2008, fíxose cargo da Secretaría Executiva de Política Territorial do Partido Popular de Madrid.

Desde o 1991 ata xaneiro 2012, foi deputada da Asemblea de Madrid. Nas súas seis lexislaturas como parlamentaria, desempeñou máis dunha decena de cargos, entre eles, os de vicepresidenta primeira, portavoz adxunta do Grupo Parlamentario Popular e portavoz de comisións como Presidencia, Xustiza e Interior; Educación, Vixilancia das Contratacións, Cultura e Control do Ente Público Radio Televisión Madrid.

Participa no Consello Rexional de Patrimonio Histórico e na Comisión Permanente do Consello Rexional de Patrimonio Histórico da Comunidade de Madrid, o Consello Taurino da Comunidade de Madrid e o Consello Xeral de Caja Madrid.

Ademais, formou parte do Consello de Administración de Radiotelevisión Madrid (1995-1999), do Consello de Cultura da Comunidade de Madrid (1995-2003), da Comisión Mixta de transferencias Estado-Comunidade de Madrid (1996-1999) e da Comisión Rexional de Museos da Comunidade de Madrid (2002-2003).

En xaneiro de 2012 foi nomeada Delegada do Goberno na Comunidade de Madrid,[4] posto que ocupou ata 2015. En marzo de 2015 foi nomeada candidata do PP á presidencia da Comunidade de Madrid para as eleccións autonómicas de 2015. Tras as eleccións autonómicas do 25 de maio foi proposta pola nova presidenta da Asemblea de Madrid, Paloma Adrados, como candidata á presidencia da Comunidade. O 24 de xuño de 2015, con 65 votos a favor (48 votos do Partido Popular e 17 de Ciudadanos) e 64 en contra, foi elixida presidenta da Comunidade de Madrid.

Accidente de tráfico[editar | editar a fonte]

O 20 de agosto de 2013, foi ingresada en estado grave no Hospital La Paz, por traumatismo torácico severo con cinco costelas rotas, tras sufrir un accidente de moto no Paseo de la Castellana.[5] Circulaba sen a revisión da ITV. Recibiu a alta médica o 23 de setembro de 2013.

Polémica pola titulación universitaria e dimisión[editar | editar a fonte]

O 21 de marzo de 2018 apareceron informacións en eldiario.es sobre irregularidades no seu expediente académico nun máster en dereito autonómico que dicía ter pola Universidade Rey Juan Carlos (URJC). En rolda de prensa esa mesma tarde amosou documentación que lle fora enviada dende a propia universidade que probaba ter a titulación. Esta información foi nun primeiro momento confirmada polo reitor da propia universidade. Informacións posteriores publicadas na prensa e confirmadas pola universidade negaban a documentación amosada e poñían os feitos en coñecemento da fiscalía por considerar que había un posible delito.[6]

O 4 de abril o diario dixital El Confidencial publicou unha investigación onde alegou que polo menos dúas das tres sinaturas do tribunal correspondentes á acta de avaliación do Traballo de Fin de Máster eran falsas e sostivo que o documento fora fabricado dúas semanas atrás.​​ O presidente do Goberno de España Mariano Rajoy considerou «bastante estéril» a polémica sobre o máster.[7] Ao día seguinte, unha das profesoras cuxa sinatura aparecía como aval na acta da defensa do Traballo de Fin de Máster denunciou a falsidade da súa sinatura no documento.[8]

O 25 de abril de 2018 OK Diario fixo pública unha gravación de 2011 das cámaras de seguridade dun local de Eroski. Nas imaxes, Cifuentes era acompañada por un garda de seguridade a un local onde lle pedía que amosase o contido do bolso xa que fora vista por unha empregada metendo obxectos nel. Resultou que levaba dous botes de crema valorados nus 40 euros que Cifuentes pagou antes de marchar do supermercado. O propio 25 de abril, ás 12 do mediodía, anunciou en rolda de prensa a súa dimisión como Presidenta da Comunidade de Madrid polo acoso ao que dicía estar sometida.[9] Así pois, a difusión deste vídeo adiantou a súa dimisión que ela tiña previsto realizar o 2 de maio, co gallo do día da Comunidade de Madrid, para evitar que prosperase unha moción de censura presentada polo PSOE, co apoio de Podemos, e evitar que gobernase a "esquerda radical", segundo as súas verbas.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
José Ignacio Echeverría
Madrid (autonomous community) coa.svg
Vicepresidenta primeira da Asemblea de Madrid

20052012
Sucesor:
Rosa Posada
Predecesor:
María Dolores Carrión Martín
Escudo de España (mazonado).svg
Delegada do Goberno de España na
Comunidade de Madrid

20122015
Sucesor:
Concepción Dancausa
Predecesor:
Íñigo Henríquez de Luna
PP 2015.png
Voceira do Grupo Popular
na Asemblea de Madrid

2015
Sucesor:
Enrique Ossorio
Predecesor:
Ignacio González
Madrid (autonomous community) coa.svg
Presidenta da Comunidade de Madrid

2015-2018
Sucesor:
Ángel Garrido