Rafael Catalá Polo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rafael Catalá Polo
(Rafael Catalá) Premios de Periodismo ABC 04.jpg
Nome completoRafael Catalá Polo
Nacemento21 de xuño de 1961
Lugar de nacementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónpolítico, funcionario e avogado
PremiosGran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Gran Cruz da Orden de Carlos lll e Gran Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort
editar datos en Wikidata ]

Rafael Catalá Polo, nado en Madrid o 21 de xuño de 1961,[1] é un político e alto funcionario español. Foi ministro de Xustiza entre 2014 e 2018.

Biografía[editar | editar a fonte]

Formación e carreira profesional[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, en 1985 ingresou por oposición no Corpo Superior de Administradores Civís do Estado.

Durante a súa carreira administrativa exerceu os postos de Subdirector Xeral de Ordenación e Política de Recursos Humanos no Ministerio de Sanidade e Consumo (1988-1992). En 1992 incorpórase a AENA, Organismo no que exerce como Director de Planificación e Desenvolvemento de Recursos Humanos, Director de Relacións Laborais e Director de Administración e Servizos de Navegación Aérea. Tamén exerceu ata o ano 2011 como secretario xeral de Codere, empresa do sector do xogo.[2]

Carreira política[editar | editar a fonte]

Tras a vitoria electoral do Partido Popular, en 1996, o Consello de Ministros nomeouno Director Xeral da Función Pública do Ministerio de Administracións Públicas, daquela encabezado por Mariano Rajoy.

En xaneiro de 1999 foi nomeado Director Xeral de Persoal e Servizos do Ministerio de Educación e Cultura, e entre maio de 2000 e xullo de 2002 foi Subsecretario do Ministerio de Facenda. Entre os anos 2002 e 2004 foi Secretario de Estado de Xustiza no Departamento que dirixía José María Michavila.

Tras as elecciones xerais de 2004 ocupouse da xerencia do Hospital Ramón y Cajal de Madrid. Ademais dende 2005 foi director do máster de Administración Pública de Esade e membro do Consello Social da UNED.[3]

O 23 de decembro de 2011 o Consello de Ministros nomeouno Secretario de Estado de Planificación e Infraestruturas do Ministerio de Fomento,[4] a proposta da súa titular Ana Pastor Julián.

Tras a dimisión presentada por Alberto Ruiz-Gallardón, o 23 de setembro de 2014 foi sinalado como sucesor para ocupar o cargo de ministro de Xustiza.[5] O seu nomeamento foi publicado o 29 de setembro de 2014,[6] día en que tomou posesión do cargo.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Fernando Díez Moreno
Escudo de España (mazonado).svg
Subsecretario de Facenda de España

2000-2002
Sucesor:
Francisco Uría Fernández
Predecesor:
José María Michavila
Escudo de España (mazonado).svg
Secretario de Estado de Xustiza de España

2002-2004
Sucesor:
Luis López Guerra
Predecesor:
Víctor Morlán
Escudo de España (mazonado).svg
Secretario de Estado de Infraestruturas,
Transporte e Vivenda de España

2011-2014
Sucesor:
Julio Gómez Pomar
Predecesor:
Alberto Ruiz-Gallardón
(en funcións, Soraya Sáenz de Santamaría)
Escudo de España (mazonado).svg
Ministro de Xustiza de España

2014-2018
Sucesor:
Dolores Delgado
Predecesor:
Ana Pastor Julián
Escudo de España (mazonado).svg
Ministro de Fomento de España
en funcións

2016-2016
Sucesor:
Íñigo de la Serna