Ignacio González González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ignacio González González
Ignacio González González (cropped bis).jpg
Ignacio González González
Nacemento 19 de outubro de 1960
  Madrid
Nacionalidade España
Alma máter Universidade Autónoma de Madrid
Ocupación político
Cónxuxe Lourdes Cavero Mestre
editar datos en Wikidata ]

Ignacio González González, nado en Madrid o 19 de outubro de 1960,[1] é un político español militante do Partido Popular e ex-presidente da Comunidade de Madrid (tras a dimisión de Esperanza Aguirre anunciada o 17 de setembro de 2012), ademais é secretario xeral do PP de Madrid. Dende sempre estivo moi vinculado a Esperanza Aguirre e, con ela, ao sector máis dereitista do PP.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi subsecretario do Ministerio de Cultura, Educación e Deportes (1996-1999), durante o mandato de Esperanza Aguirre e secretario de Estado para a Administración Pública no Ministerio de Administracións Públicas (1999-2002), con Jesús Posada á fronte, onde xestou o chamado portelo única.

Durante o derradeiro mandato de José María Aznar, entre 2002-2004, Ignacio González desempeñou o labor de secretario de Estado de Inmigración no Ministerio de Interior, organismo que dirixía por aquel entón Ángel Acebes. Durante este tempo, Ignacio González foi o artífice da reforma da lei de Estranxeiría de España que foi pactada co PSOE no ano 2003.

Presidente da Comunidade de Madrid[editar | editar a fonte]

O 17 de setembro de 2012, Esperanza Aguirre anunciou inesperadamente a súa dimisión como presidenta da Comunidade e deputada na Asemblea de Madrid, sendo substituída polo seu vicepresidente e portavoz Ignacio González dende 2003 (dende 2009 tamén ocupou a Consellería de Deportes e Cultura).

Tomou posesión do cargo o 26 de setembro dese mesmo ano[1] (nos días previos exerceu a presidencia en funcións) converténdose no cuarto Presidente da Comunidade de Madrid. Foi criticado por chegar ao cargo sen pasar polas urnas como os seus antecesores.

Cesou no cargo tralo nomeamento de Cristina Cifuentes (PP)), o 25 de xuño de 2015, logo das eleccións autonómicas e municipais celebradas ese ano. O 19 de abril de 2017 foi detido pola Garda Civil tras detectarse un feixe de irregularidades nas filiais latinoamericanas do Canal de Isabel II, e foi acusado de compra de empresas fraudulentas, malversación, blanqueo de capitais e financiamento irregular.[2] Pouco tempo despois o PP suspendeuno cautelarmente de militancia.[3] O 21 de abril de 2017 ingresou en prisión incondicional pola súa implicación no caso Lezo.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

No ámbito persoal, está casado e ten tres fillas.[1]


Predecesor:
Esperanza Aguirre
 Escudo de la Comunidad de Madrid.svg
Presidente da Comunidade de Madrid
 
2012 - 2015
Sucesor:
Cristina Cifuentes

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]