Villers-Cotterêts
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Francia | |||
| Divisións administrativas | Francia Metropolitana | |||
| Rexións | Altos de Francia | |||
| Departamento | Aisne | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 10.489 (2023) | |||
| Xeografía | ||||
| Situado na entidade territorial estatística | Paris attraction area (en) Q113843453 | |||
| Superficie | 41,71 km² | |||
| Altitude | 65 m-226 m-142 m | |||
| Comparte fronteira con | ||||
| Datos históricos | ||||
| Precedido por | ||||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 02600 | |||
| Fuso horario | ||||
| Sitio web | mairie-villerscotterets.fr… | |||
Villers-Cotterêts é un concello francés, situado no centro do bosque de Retz, no departamento do Aisne, na rexión da Picardía.
Xeografía
[editar | editar a fonte]En 2005 tiña 10.106 habitantes, sobre unha extensión de 41 km². Está situada a uns 80 kms. ao nordeste de París.
Historia
[editar | editar a fonte]O seu pequeno tamaño non lle concedeu demasiada relevancia histórica. Porén, en 1539 o rei Francisco I de Francia asinaba nela a ordenanza de Villers-Cotterêts, un documento onde se impuña o francés como lingua oficial de Francia, en substitución do latín.
Na vila hai tamén un castelo mandado construír por este monarca en 1532, sobre a localización dun castelo anterior, probablemente do século XIII. O castelo pasou logo á familia de Orleáns, que a finais do século XIX llo doou ao concello de París.
O feito cultural máis destacado é o nacemento nesta vila de Alexandre Dumas (o pai), en 1802, no Castelo de Noüe. O edificio, do século XVI, está agora dedicado á casa museo do escritor.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web turística de Villers-Cotterêts Arquivado 11 de xuño de 2007 en Wayback Machine.
