Jesús Couto Fernández
Jesús Couto Fernández | |
---|---|
![]() | |
Alcume | Jecoufer |
Nacemento | 1864 |
Lugar de nacemento | Santiago de Compostela |
Falecemento | 2 de maio de 1942 |
Lugar de falecemento | Santiago de Compostela |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista |
Irmáns | Ramón Couto Fernández |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Jesús Couto Fernández, nado en Santiago de Compostela en 1864 e finado na mesma cidade o 2 de maio de 1942, foi un tipógrafo e xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Irmán de Ramón Couto Fernández. Emigrou a Arxentina e colaborou na prensa galega da capital bonaerense. Regresou a Galicia e foi administrador da Revista de Ciencias Pedagógicas, correspondente de Nova Galicia e outros periódicos da emigración galega. Volveu a Bos Aires e colaborou en El Eco de Galicia (entre 1893 e 1901) con retratos e biografías de persoeiros galegos, e Almanaque Gallego. Retornado de novo a Compostela en 1903, relacionouse con círculos católicos e colaborou en Galicia Nueva, El Noticiero Gallego, Gaceta de Galicia e El Correo de Galicia. Foi representante en Galicia da revista Galicia da Habana.[1] Asinaba ás veces co pseudónimo Jecoufer. Finou en Santiago de Compostela o 2 de maio de 1942.[2]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Rosalía Couto Devesa en 1924.[3]