Julio de la Cuesta
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Vigo, España |
Morte | xullo de 1933 Buenos Aires, Arxentina |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Julio de la Cuesta, nado en Vigo e finado en Buenos Aires en xullo de 1933, foi un xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Emigrou a Cuba onde foi redactor-xefe de Galicia Ilustrada. Trasladouse despois a Buenos Aires onde foi correspondente de Noticiero de Vigo e dirixiu La Iberia (1908) e El Heraldo Gallego até a súa morte en 1933, cando tiña 47 anos.[1] En 1929 recibiu unha homenaxe da colonia galega en Buenos Aires polos vinte anos de El Heraldo Gallego.[2] Finou en Buenos Aires en xullo de 1933.[3]
Obras[editar | editar a fonte]
- Marcela, 1916.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Francisca Zarauza e foi pai de Celsa de la Cuesta Zarauza.[4]