Air France-KLM

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Air France-KLM
Tiposociedade anónima
Fundación2004
LocalizaciónTremblay-en-France, Francia
Persoas claveJean-Marc Janaillac (presidente e CEO)
Peter Hartman (vice-presidente)
Industriaaviación
Na rede
http://www.airfranceklm.com
editar datos en Wikidata ]

Air France-KLM é un grupo de aeroliñas franco-neerlandés constituído baixo a lei francesa que ten a súa sede no aeroporto Charles de Gaulle en Tremblay-en-France, preto de París. O grupo ten oficinas en Montreuil, París, e en Amstelveen, nos Países Baixos. Netherlands. Air France–KLM é o resultado da fusión en 2004 entre Air France e KLM. Ámbalas dúas aeroliñas son membros da alianza SkyTeam. As dúas compañías dependen de dous grandes centros de conexións, o aeroporto de Ámsterdam-Schiphol e o aeroporto de París-Charles de Gaulle. As aeroliñas de Air France-KLM transportaron 87,3 millóns de pasaxeiros no ano 2014.

Historia[editar | editar a fonte]

Air France-KLM creouse por un acordo mutuo de fusión entre Air France e KLM o 5 de maio de 2004. Como resultado do acordo as accións do goberno francés reducíronse do 54,4% (na antiga Air France) ao 44% (na aeroliña combinada). Esta porcentaxe reducíuse ao 25%, e posteriormente ao 17,6%. No tempo da fusión en maio de 2004 Air France e KLM ofrecían voos a 225 destinos de todo o mundo. No ano que rematou o 21 de marzo de 2003 as dúas compañías transportaron 66,3 millóns de pasaxeiros.

En outubro de 2005 Air France Cargo e KLM Cargo, as dúas subsidiarias de carga do grupo, fusionaron as súas actividades comerciais, que agora son organizadas dende os Países Baixos.

En 2007 Air France-KLM foi un dos tres ofertantes para facerse co control de Alitalia, que estaba xerando perdas, sendo o favorito para a xunta de administración da aeroliña italiana.[1] Porén, o 2 de decembro de 2008 informouse de que se abandonaran as negociacións.[2] Tras a compra de Alitalia e Air One pola Compagnia Aerea Italiana o 12 de decembro de 2008, o grupo Air France–KLM estivo interesado novamente en mercar unha participación da nova compañía. O 22 de xaneiro de 2009, Air France–KLM mercou o 25% das súas accións por 323 millóns de euros.[3]

No ano 2008 foi a compañía máis grande do mundo en termos de ingresos operativos totais, e tamén a máis grande en termos de pasaxeiros internacionais por quilómetro.

En febreiro d 2011 Air France-KLM xunto con Delta Air Lines traballaron xuntos para examinar unha oferta por Virgin Atlantic. A día de hoxe Richard Branson ten o 51% das accións da aeroliña e o resto pertence a Delta Air Lines.[4]

Air France-KLM, xunto co seu socio Delta Air Lines, estiveron en conversas sobre investir con Japan Airlines, que é parte da alianza Oneworld (rival de SkyTeam), pero está experimentando dificultades financeiras. Air France-KLM, xunto con Delta e a súa rival American Airlines (AMR Corporation; parte de Oneworld) discutiron investimentos por unha suma de 200–300 millóns de dólares para axudar á compañía con problemas, que é a aeroliña asiática con máis ingresos. O Ministerio do Territorio, Infraestruturas, Transporte e Turismo do Xapón recomendara Air France-KLM e/ou Delta para ser socios debido á súa saúde financeira en comparación con AMR Corporation.[5][6] Delta tamén estaba recomendada debido á súa extensa rede asiática conseguida a través da compra de Northwest Airlines; Korean Air, tamén membro de SkyTeam, tamén mantiña conversas con JAL. Air France, Alitalia, China Airlines, China Southern Airlines, Korean Air e Vietnam Airlines son membros de SkyTeam que no presente teñen códigos compartidos con JAL. O 7 de febreiro de 2010 varias axencias de noticias informaron que JAL decidiría manter a súa alianza con American Airlines e finalizou as súas negociacións con Delta. O novo CEO de JAL, segundo os informes, decidiu que o cambio de alianzas (de Oneworld a SkyTeam) sería moi arriscado e podería obstaculizar a súa habilidade para transformarse rapidamente. O 9 de febreiro de 2010 JAL anunciou oficialmente a súa decisión para reforzar a súa asociación con American. A aeroliña tamén fortificou as súas relacións con outros socios da alianza Oneworld.[7]

En decembro de 2013 Air France-KLM vendeu a súa subsidiaria CityJet a Intro Aviation.

Alexandre de Juniac, presidente e CEO dende o 1 de xullo de 2013 renunciou a principios de abril de 2016 e foi substituído por Jean-Marc Janaillac o 4 de xullo.[8]

Subsidiarias[editar | editar a fonte]

Totalmente en propiedade[editar | editar a fonte]

As subsidiarias que o grupo controla na súa totalidade son:

Air France-KLM tamén posúe Cobalt Ground Solutions unha compañía de asistencia en terra baseada no aeroporto de Londres-Heathrow. A compañía creouse o 1 de abril de 2009 pola fusión de dúas subsidiarias de asistencia en terra de Air France e KLM no Reino Unido, Air France Services Ltd (AFSL) e KLM Ground Services Ltd (KGS).

Air France Services Ltd (AFSL) foi unha das grandes compañías de asistencia en terra en Heathrow. AFSL naceo o 15 de xaneiro de 1997 e foi nun principio unha asocición entre Air France e Servisair Ltd. Servisair posteriormente decidiu retirarse.

O grupo tamén é propietario de Cygnific, que é un dos maiores centros de vendas e servizos de Air France-KLM. Cygnific é realmente unha subsidiaria de KLM Royal Dutch Airlines, operando como unha compañía independente coa súa propia estratexia de negocio, procesos operacionais e políticas de recursos humanos. Cygnific serve a pasaxeiros e axencias de viaxes en nome de KLM, Air France e Delta Air Lines.

Intereses minoritarios[editar | editar a fonte]

Aeroliñas nas cales o grupo ten intereses minoritarios:

Antigas subsidiarias[editar | editar a fonte]

  • Cityjet: Air France-KLM foi propietario de toda a compañía ata a venda a Intro Aviation, un holding alemán.
  • VLM Airlines: Air France-KLM fusionou as operacións desta aeroliña coas de Cityjet. Foi vendida ao mesmo tempo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. CNN (ed.). "Alitalia favors Air France-KLM bid". Archived from the original on 27 de febreiro de 2008. Consultado o 28 de decembro de 2016. 
  2. BBC (ed.). "Alitalia boss quits as talks end". Consultado o 28 de decembro de 2016. 
  3. Reuters (ed.). "Air France seen beating tough odds for Alitalia". Consultado o 28 de decembro de 2016. 
  4. Reuters (ed.). "Air France, Delta to examine Virgin Atlantic bid - report". Consultado o 28 de decembro de 2016. 
  5. Reuters (ed.). "Air France-KLM in talks to invest in JAL-source". Consultado o 6 de febreiro de 2017. 
  6. Reuters (ed.). "5-Rivals jostle for JAL stake; Asia access prized". Consultado o 6 de febreiro de 2017. 
  7. American Airlines (ed.). "Comments By American Airlines CEO Gerard Arpey on Japan Airlines Decision to Continue Membership in oneworld Alliance". Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2017. Consultado o 6 de febreiro de 2017. 
  8. Bloomberg (ed.). "Air France-KLM Names Janaillac CEO and Chairman as of July 4". Consultado o 6 de febreiro de 2017.